1

Departamento laboral

Enviamos xunto coas nóminas do mes de decembro do 2013 o modelo 145 para que se cumplimente e se asine por parte da empresa e dos traballadores. Pregamoslles o remitan a maior brevedade posible para a confección das nóminas de xaneiro do 2014. Senón remiten o modelo 145 suporá que terán que pagar unha porcentaxe de retención polos traballadores maior da que lles corresponde.

Xa están dispoñibles nas mutuas de traballo os calendarios laborais do exercicio 2014. Deben poñerse en contacto coas mutuas para recoller o calendario en papel ou para descargalo por internet.




Declaracions 4º trimestre 2013

Solicitamos nos envien as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao cuarto trimestre para poder realiza-las declaracións antes do día 10/01/2014.

No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 31/12/13 para poder axustar as contabilidades.




Realización de inventario por parte das empresas

Como xa é coñecido, con efectos do 31 de decembro, as empresas deben de realizar un INVENTARIO das existencias a prezo de coste que teñan no seu almacén e do valor das obras e servicios que teñan realizadas e que están pendentes de facturación. Estes inventarios deben de remiti-los as nosas oficinas durante o mes de xaneiro, quedando a vosa disposición para calqueira aclaración.




Manteñemento das cuotas mensuais e das tarifas das xestions para o 2014

Informamos que para o ano 2014 non se suben as cuotas mensuais, como xa se fixo para o ano 2.013.