Arquivos

Febreiro 2014

image_pdfimage_print

Plan de emprego xuvenil anunciado pola xunta

image_print

O dia 20 de febreiro aprobouse por parte da Xunta de Galicia o chamado Plan de emprego xuvenil dotado con 100 millóns de euros para fomentar o emprego para menores de 30 anos, especialmente para colectivos de nula ou escasa cualificación que contarán cunha atención personalizada e axudas ata 200 euros/mes e os contratos de formación tamén poderán alcanzar a cantidade de 100 eruos.

Iste Plan terá que convertirse en normativa onde se detallará polo miudo os requisitos para poderse acoller a él. Cando se dispoña desa información iraselle informando.

Subvencions para apertura de novos establecemento comerciais

image_print

Destinadas a mellora da imaxen exterior, a adquisición de mobiliario e equipamento adicado a actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venta , quedando excluidos equipos informáticos, impresoras, televisores, monitores, alarmas e semellantes, podendo alcanzar o 50% do investimento, cun máximo de 20.000 euros. Prazo de solicitude ata o 30 de xuño.

Documento Que ten que asinar o destinatario das operacions suxeitas a inversion do suxeito pasivo

image_print

Dende xaneiro diste ano, as empresas que sexan destinatarias de operacións que estén sometidas a inversión do suxeito pasivo do IVA deben de contar cunha comunicación na que se recollan os términos e circunstancias contemplados na normativa. Dende a Asesoria formulamos un modelo que está a vosa disposición e que podemos enviarvolo sempre que o solicitedes.

Para máis información dirixirse as Nosas oficinas.

Novas cotizacions de autonomos para 2014

image_print

No mes de xaneiro a Seguridade social subiu a base mínima de cotización dos autónomos que están en sociedades pasando de 875,70 á 1.051,50, e polo tanto a cuota mínima pasa a 314,40 euros. En principio aplicaronllo a todas as sociedades, incluso as civiles, e só vai ter efectos para as sociedades mercantiles, e asi o correxirán xa no mes de febreiro e devolverán o de xaneiro.

Todo elo, sen perxuicio daqueles autónomos que por edade, data de alta e circunstancias poidan ter o seguro bonificado temporalmente.

Continuamos co peche contable do 2013

image_print

Continuamos cos peches das contabilidades do exercicio 2.013 cos datos que fomos informando durante o presente mes.
As sociedades deberán traer os extractos bancarios ata o 31/12/13 para o peche do exercicio, así como o inventario de existencias e obras en execución.