Iste ano cumprimos 25 anos prestando servizos aos clientes que como vostedes confiaron en Nós. 25 anos asesorando e xestionando as súas empresas e negocios cun equipo dunha ducia de profesionais coñecidos que intentamos facer máis fácil o cumprimento das súas obrigas legais.
Aproveitaremos iste aniversario para convertelo nun reto que mellore a nosa solvencia profesional e prestémoslle máis e mellores servizos para que vostedes sigan confiando en Nós. Moitas grazas!
Si vostedes teñen facturas de consumo de carburantes dos seus vehículos, polas que pagaron directamente ao proveedor e queren reclamar o imposto dos exercicios 2010,2011 e 2012 poden encargarnos a xestión e explicaremoslles os documentos que teñen que traer e os gastos que teñen. Quedamos a sua disposición.
Destinadas a mellora da imaxen exterior, a adquisición de mobiliario e equipamento adicado a actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venta, quedando excluidos equipos informáticos, impresoras, televisores, monitores, alarmas e semellantes, podendo alcanzar o 50% do investimento, cun máximo de 20.000 euros. Prazo de solicitude ata o 30 de xuño.
O día 24 de abril escomenzou o prazo para a realización da declaración da renda do 2013.
Si a súa declaración do IRPF do exercicio 2012 foi realizada por nós, xa lles solicitamos os datos fiscais-borrador que vostedes recibirán no seu domicilio e que deben de traernos xunto coa demais documentación para facer a mencionada declaración. Para calqueira dúbida poñanse en contacto coas nosas oficiñas.