Arquivos

Setembro 2014

HORARIO DAS OFICINAS

OFICINA DE OURENSE

A partir do mércores día 01/10/2014 o horario da oficina volve a ser de Luns a Xoves de  9:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 H , e os Venres de 8:00 a 15:00 H.

[su_divider top=”no”]

OFICINA DE MACEDA

Lembrámosvos que o horario de apertura da oficina de Maceda  é de 12 as 14 horas de luns a venres. A oficina poderá estar tamén aberta moitas das veces de 10 a 12 e incluso algunha tarde, depende do traballo e das circunstancias. 

ENVIO FACTURAS DO 3º TRIMESTRE DO 2014

Como vimos facendo trimestralmente, solicitamos nos envíen as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao terceiro trimestre. No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 30/09/14 para poder axustar as contabilidades.

LEMBRÁMOSLLES que o prazo para  presentar os impostos remata o día 15/10/2014 polo que deben enviarnos as facturas antes do día 08/10/2014.

Xunto coa circular que recibirán puntualmente no seu enderezo, enviamos balances correspondentes ao 2º T do exercicio 2014.

SISTEMA DE COMUNICACIÓNS DE ASESORÍA BIEITO S.L.

En Asesoría Bieito sempre buscamos o xeito de mellorar os nosos servizos.

Nesta ocasión, temos preparada unha fórmula máis directa de comunicación coa vosa responsable. Xa están en funcionamento tanto o teléfono de sempre (988253588), no que poderedes marcar as distintas opcións para falar co departamento que precisedes, como os teléfonos directos de todas e cada unha das responsables.

Aquí vos deixamos o documento, que poderedes descargar, con todos os teléfonos e correos electrónicos:

SISTEMA DE COMUNICACIONS DE ASESORIA BIEITO S.L. 

Tamén teredes acceso a esta información dende o apartado “Contacto“.

Si continúa utilizando esta web, acepta el uso de cookies. Más información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close