1

ENVÍO DOCUMENTOS

Destacamos que xunto coa circular tamén vos axuntamos, a aqueles que tendes traballadores, un informe do departamento laboral correspondente ao terceiro trimestre de 2014.




INFORME DE RESULTADO DO 3º TRIMESTRE 2014

Este trimestre axuntamos coa circular unha información sobre o resultado que facemos do 3º trimestre recomendamos que lean atentamente as suxerencias e recomendacións que nese documento se aportan e, se teñen algunha dubida, póñase en contacto con nós para calquera aclaración. 




PECHE CONTABLE 2014

Convén que vaian facendo as estimacións das facturas pendentes de emitir e de recibir do presente ano para ir preparando o peche contable do exercicio 2014.

A AEAT cada vez está máis esixente nas contas e nas comprobacións, e  a inspección está a solicitar o  INVENTARIO DE FIN DE ANO das actividades para logo intentar estudar e comprobar si cadran as contas.

Recordamos que deben de ser rigurosos na xestión da actividade e deben de coidar que todas as compras que realizan deben de saír como ventas ou estar no inventario de existencias. Esta fórmula é de importancia máxima para que poidan concordar todos os datos contables.

 No caso das sociedades deben enviarnos os extractos bancarios ata o 31/10/2014 para poder axustar as contabilidades.