Arquivos

Agosto 2015

image_pdfimage_print

Vacacións

image_print

Recordamos que durante o mes de agosto e setembro o persoal da oficina rotará as  vacacións e, polo tanto, suxerimos chamar para concertar cita e solicitar xestións e traballos con máis antelación da habitual. En todo caso, as oficinas permanecerán abertas en xornada intensiva de 8:00 a 14:30 e os servizos estarán atendidos.

Sociedades mercantís: recollida de contabilidade e contas anuais 2014

image_print

A partires do mes de agosto, e no caso de estar interesados, poden solicitarnos a contabilidade e as Contas Anuais do 2014 no soporte que sexa máis acaído: CD, USB ou ficheiro en correo electrónico.

En todo caso, poden solicitalo cando vostedes queiran co límite máximo de cinco anos, neste caso o ano 2020 que non poderemos garantir a súa conservación nos nosos ficheiro. E aproveitamos para informalos de que, no caso de que deixásemos de prestar servicios profesionais con vostedes, poden demandarnos a eliminación destes datos en calquera momento.

Dietas dos traballadores e socios

image_print

Como xa temos informado por outros medios, a AEAT está a comprobar as dietas dos traballadores e especialmente as dos socios e administradores, e polo tanto deben estar todas acreditadas como efectivas e cos xustificantes correspondentes.

Coas nóminas enviaremos unha circular específica para recordar os requisitos.

Laboral: subvencións do ano 2015

image_print

Acábase de publicar a orde de subvencións á contratación de traballadores indefinidos por parte daqueles autónomos que non levan un ano de actividade e que contratan o seu primeiro traballador.

Estas subvencións varían na súa cuantía dependendo das circunstancias dos traballadores que se contratan. Se son autónomos,  e aínda non levan un ano de actividade e teñen previsto contratar algún traballador, póñanse en contacto con nós para estudar como se pode acoller a estas subvencións.

Documentación dos conductores en vehículos de empresa

image_print

Lembrámoslle que os autónomos e traballadores no réxime xeral, que realicen transporte de mercancías, deben levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a vinculación coa empresa: se é asalariado, TC1 e TC2 e, se é autónomo, o recibo da S. Social, a escritura da empresa, se procede, e xustificante do parentesco.