1

Envío de documentos

Suxerimos permanezan atentos á circular enviada neste mes aos seus enderezos, xa que enviamos informe laboral correspondente ao segundo trimestre do exercicio 2015.

 




Vacacións

Recordamos que durante o mes de agosto e setembro o persoal da oficina rotará as  vacacións e, polo tanto, suxerimos chamar para concertar cita e solicitar xestións e traballos con máis antelación da habitual. En todo caso, as oficinas permanecerán abertas en xornada intensiva de 8:00 a 14:30 e os servizos estarán atendidos.




Retencións das nóminas de xullo e agosto

O goberno aprobou unha rebaixa do IRPF con efectos dende 1 de xullo que non vai supoñer moito cambio nas nóminas pequenas. En calquera caso, nas nóminas do mes de xullo non se vai aplicar, e esperamos que as que cambien sexan as do mes de agosto.




Sociedades mercantís: recollida de contabilidade e contas anuais 2014

A partires do mes de agosto, e no caso de estar interesados, poden solicitarnos a contabilidade e as Contas Anuais do 2014 no soporte que sexa máis acaído: CD, USB ou ficheiro en correo electrónico.

En todo caso, poden solicitalo cando vostedes queiran co límite máximo de cinco anos, neste caso o ano 2020 que non poderemos garantir a súa conservación nos nosos ficheiro. E aproveitamos para informalos de que, no caso de que deixásemos de prestar servicios profesionais con vostedes, poden demandarnos a eliminación destes datos en calquera momento.




Dietas dos traballadores e socios

Como xa temos informado por outros medios, a AEAT está a comprobar as dietas dos traballadores e especialmente as dos socios e administradores, e polo tanto deben estar todas acreditadas como efectivas e cos xustificantes correspondentes.

Coas nóminas enviaremos unha circular específica para recordar os requisitos.




Laboral: subvencións do ano 2015

Acábase de publicar a orde de subvencións á contratación de traballadores indefinidos por parte daqueles autónomos que non levan un ano de actividade e que contratan o seu primeiro traballador.

Estas subvencións varían na súa cuantía dependendo das circunstancias dos traballadores que se contratan. Se son autónomos,  e aínda non levan un ano de actividade e teñen previsto contratar algún traballador, póñanse en contacto con nós para estudar como se pode acoller a estas subvencións.