Retención IRPF nos arrendamentos de locais de negocio


Como xa vos informamos, lembrade que a retención dos alugueres de locais baixou ó 19,50% dende o día 11/07/2015.




Terceiro trimestre 2015 - envío facturas


Como cada trimestre, solicitamos nos  envíen as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao terceiro trimestre. No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 30/09/15 para poder axustar as contabilidades.

Lembren que o prazo para presentar os impostos remata o día 15/10/2015 polo que deben enviarnos as facturas antes do día 06/10/2015.




Seguros para baixas por enfermidade e accidente


Como autónomos, a cobertura económica nunha baixa por enfermidade ou accidente, resulta limitada respecto das necesidades económicas que se presentan nestas ocasións. Por iso, no apartado “Descargas” temos máis información sobre como cubrir estas necesidades. Descúbrao pinchando aquí.




Horario de oficinas en inverno


 Ourense

A partir do xoves día 01/10/2015 o horario da oficina volve a ser de luns a xoves de  9:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 h. , e os venres de 8:00 a 15:00 h.

Maceda

O horario de apertura na oficina de Maceda  é de 10 a 14 horas de luns a venres. Nas tardes dos mércores, a oficina permanecerá aberta de 18:30 a 20:30 h.