Arquivos

Xaneiro 2016

image_pdfimage_print

REORGANIZACION DOS SERVIZOS DOS CLIENTES DA ZOA DE MACEDA CAS OFICINAS DE OURENSE DE ASESORIA BIEITO S.L.

image_print

 

Estimado Cliente:

Dende Asesoría Bieito queremos mellorar os servizos os clientes da zoa de Maceda na area de asesoría-xestoría que se realiza nas oficinas de Ourense e que utilizabamos ata agora a oficina de Maceda como lugar onde se deixaba a documentación e onde se podía recoller a que se devolvía de Ourense, pero contaba cun horario moi reducido de catro horas pola mañá.

Agora vamos a ofertar un Servizo de entrega e recollida de documentación que estará aberto todos os días pola mañá e tarde, e os  sábados e domingos pola mañá, utilizando un servizo de mensaxeira profesional NACEX.

 

Este Servizo xa está sito dende hoxe en:

 

LIBRERIA LER de Maceda, Praza As toldas, nº 18, Tlf: 988 46 38 19.

HORARIO: De luns a Venres de 9:00 á 13:30 e de 16:00 á 19:30; sábados e Domingos de 10:00 á 13:00.

 

Aquí se pode levar os documentos e facturas e recollelos no horario indicado e que se introducirán nunha valixa que se enviará para Ourense , informándolle que día chegará. O mesmo tempo tamén se poderán recoller os documentos que se lle envían dende Ourense.

 

Tamén queremos informarlle que existe un servizo directo de envío ou recollida a domicilio para casos especiais que ten un custe de 3 €, que poden solicitalo si o consideran oportuno. A parte existe Os servizos de Correos que para envíos de documentación entre 100 grms e 500 grms cun custe no entorno entre 1 € e 2 €.

 

Os demais servizos que se prestaban dende as oficinas de Maceda vanse a prestar dende Ourense,  e algúns como os inmobiliarios e os de seguros, en réxime de colaboración con empresas profesionais para prestar mellor servizo os nosos clientes. Dende hoxe as oficinas  de Maceda non estarán operativas.

 

CON ESTOS CAMBIOS ESPERAMOS ATENDELO MELLOR!!!