1

Circular Maio 2017

DECLARACIÓN DA RENDA DO EXERCICIO 2.016

 

Durante o mes de abril empezou a campaña da Renda do ano 2.016, sobre todo, aqueles que reciban o borrador da AEAT, os contribuintes que teñen actividades económicas, empresariais ou profesionais e que sexan nosos clientes xa temos nós os datos. Si realizaron outro tipo de operación deben de ir recapitulando a documentación para enviarnola, xa que estas declaracións realizaranse durante os meses de maio e xuño do 2.017.

 

 

ENVIO DE LIBROS AO REXISTRO MERCANTIL DAS SOCIEDADES

 

Durante o mes de abril envianse telemáticamente os libros das sociedades mercantís ao rexistro para cumprir coa obriga do seu dilixenciado.

 

Os libros son os das Contas Anuais, Actas e Socios, neste último caso, si houbo algunha variación ao longo do 2.016. O rexistro cobra unas taxas según os libros que se presenten, éstas son aboadas por nós que logo pasamos na factura dos nosos servizos, especificando claramente que se trata déstas taxas motivo polo que se ve incrementada a factura de abril, maio ou xuño, dependendo cando sexan cargadas polo rexistro, nós pasamolas no seguinte mes.

 

CONTAS ANUAIS 2.016

 

En canto as Contas Anuais do 2.016 deben de depositarse no rexistro no prazo dos 30 dias dende a aprobación en Xunta Xeral , que normalmente sempre se celebra sobre o 30 de xuño, e polo tanto terían que depositarse antes do 30 de xullo.

 

Esta xestión tamén vai traer a liquidación dunhas taxas que nos liquidamos e que posteriormente pasamos por factura nos meses seguintes.

 

 

ENVIO DE DOCUMENTOS

Enviamos informe laboral correspondente ao 1º T do exercicio 2017.

 

 

Sen outro particular, aproveitamos para enviarlles un saúdo.

 

ASESORIA BIEITO S.L.




Circular Abril 2017

DECLARACION DE IVA, PAGO FRACCIONADO, RETENCIONS DE TRABALLO E DE ALUGUERES E PAGO A CONTA DO IMPOSTO DE SOCIEDADES.

Durante o mes de abril realizaranse as  declaracións correspondentes ao primeiro trimestre do exercicio 2017.

Para poder realizar estas declaracións en tempo e con garantías é preciso que nos remitan os documentos, facturas e xustificantes necesarios para a contabilidade o antes posibel. É necesario que antes do dia 08 de abril teñamos no noso poder os documentos xa que, en caso contrario, non podemos garantir a realización das referidas declaracións en prazo,  RECORDEN que agora, só temos ata o día  15  para facer os envios telemáticos das declaracións  a Axencia Tributaria.

ENVIOS TELEMÁTICOS DE LIBROS DAS SOCIEDADES MERCANTILES

Durante o mes de abril deberán enviarse os libros das sociedades mercantiles ao rexistro, Contas Anuais, Actas e Socios, e para o cal debemos de contar con toda a información para podelos confeccionar.

Esta xestión supón liquidar unas taxas no rexistro que pagamos directamente nós e logo as cargamos nas facturas normalmente no mes de maio e xuño, e polo tanto se verán incrementados os importes habituais.

Recordamos que as sociedades tamén liquidarán o pago a conta do imposto de sociedades, modelo 202, ata o 20 de abril.

SUBVENCIONS AUTONOMOS

Xa se publicaron as subvencións para os autónomos que se deron de alta a partir do 01/10/2016.

Importe da axuda: 2.000 euros que se poden ver incrementados nun 25% dependendo o colectivo o que pertenza ou si a actividade se desenrola nun concello rural.

SUBVENCIONS CONTRATACIÓN INDEFINIDA

Publicaronse as axudas para a contratación INDEFINIDA do primeiro traballador  dentro do primeiro  ano da actividade.

Importe da axuda: 5.000 euros.

CAMPAÑA DA RENDA DO 2016.

A partir do 5 de abril empezará a campaña da Renda do ano 2.016, sobre todo aqueles que reciban o borrador da AEAT, os contribuintes que teñen actividades económicas, empresariais ou profesionais e que sexan nosos clientes xa temos nós os datos. Si realizaron outro tipo de operación deben de ir recapitulando a documentación para enviarnola, xa que estas declaracións realizaranse durante o mes de maio e xuño.

En todo caso, enviaremoslles unha carta recordando datas e documentación a aportar.

Sen outro particular, aproveitamos para enviarlles un saúdo.

ASESORIA BIEITO S.L