Circular Setembro 2017


Sociedades mercantís: Posta a disposición da contabilidade e contas anuais 2016

 

A partires do mes de agosto e no caso de estar interesados, poden solicitarnos Informe da Situación, a contabilidade e as Contas Anuais do 2016 no soporte que sexa máis acaído: CD, USB ou ficheiro en correo electrónico. Nalgunhos casos enviaremos o Informe para que o teñan presente.

En todo caso, poden solicitalo cando vostedes queiran co límite máximo de cinco anos. E aproveitamos para informalos de que no caso de que deixaramos de prestar servizos profesionais con vostedes, poden demandarnos a eliminación distes datos en calquera momento.

 

Período de Vacacións do Persoal da oficina

 

Recordamos que durante o mes de agosto e setembro o persoal da oficina rotarán as  vacacións e, polo tanto, suxerimos que deben chamar para concertar cita e solicitar xestións e traballos con máis antelación da habitual. En todo caso, as oficinas permanecerán abertas en xornada intensiva de 8:00 a 15:00 e os servizos estarán atendidos.

SUBVENCIÓNS A AUTÓNOMOS E EMPRESAS DO 2017

Durante o 2017 están a saír subvención e axudas da Xunta de Galicia destinadas a autoemprego de autónomos na mesma línea que en anos anteriores, e durante este mes de agosto saíron outras novas, con prazos limitados e con requisitos moi restritivos que as fan impracticables, como é o caso do Bono autónomo.

Con esta circular acompañamos relación das subvencións máis xerais cas características máis básicas destas, que tamén xa informamos na nosa páxina web, e que suxerimos que si  están interesados nalgunhas delas contacten con Nós para poder darlle máis información.

 

Sen outro particular aproveitamos para enviarlles un saúdo.

 

 

Atentamente:                                           ASESORÍA BIEITO, S.L.

 

RELACION DE AXUDAS E SUBVENCIONS PARA 2017

 

AXUDA BONO AUTÓNOMO:

SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN EMPREGO AUTÓNOMO

PROGRAMA EMEGA:EMPRESAS CREADAS-FORMADAS POR MULLERES

AXUDAS OS AUTÓNOMOS QUE CONTRATEN A ASALARIADOS

CONTRATACION DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SGX TEMP./INDEF.

OUTRAS SUBVENCIONS E AXUDAS(Indicamos prazo de presentación)

 

ASESORIA BIEITO S.L.




SUBVENCIÓNS


SUBVENCIONS destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de garantía salarial.

Remata o prazo o 30/09/2017

 

PROGRAMA EMEGA: Financiación a fondo perdido para autónomas, SC, CB, ou empresas, que a participación no capital sexan mulleres.

Remata o prazo o 4/09/2017

En todo caso, si están interesados en algunhas destas subvecións  rogamos por favor que contacte con nós para poder estudar a súa aplicación.




Bono Autónomos de 3.000 Euros


Bono Autónomo de 3.000 Euros