1

Circular Novembro 2017

SEGUNDO PRAZO RENTA  2016

 

Recordamoslles que na data 05/11/2017 será cargado o segundo prazo da renda do exercicio 2016, daqueles que solicitaron fraccionamento do pago.

 

PECHE CONTABLE 2017

 

Convén que vaian facendo as estimacións das facturas pendentes de emitir e de recibir do presente ano para ir preparando o peche contable do exercicio 2017.

A AEAT cada vez está máis esixente nas contas e nas comprobacións e a inspección está a solicitar o INVENTARIO DE FIN DE ANO das actividades para logo intentar estudar e comprobar si cadran as contas.

Recordamos que deben de ser rigurosos na xestión da actividade e deben de coidar que todas as compras que realizan deben de sair como ventas ou estar no inventario de existencias. Esta fórmula é de importancia máxima para que poidan concordar todos os datos contables.

No caso das sociedades deben enviarnos os extractos bancarios ata o 31/10/2017 para poder axustar as constabilidades.

 

LEI DE AUTONOMOS

 

Acaba de aprobarse e publicarse a lei de autónomos e a súa entrada en vigor xa é para este mes nalgunhos temas e outros para primeiro do ano 2018.

Entre estos están, os recargos da Seguridade Social do 20% ó 10%, así como os gastos de suministros, auga, luz e telefóno da casa si traballan nela, e os gastos de manutención ata 26,67 euro diarios.

 

Os autónomos poderan darse de alta e baixa tres veces o ano e nos dias que se queiran, o mesmo tempo que  a tarifa de 50 euros será durante un ano e a posibilidade de volvela disfrutar unha vez que pasaron xa tres anos, salvo que sexa unha nai que se reincorpora o traballo que o prazo será de dous anos.

 

Os autónomos pais e nais estan exentos durante a maternidade ou paternidade da cotización das cuotas, asi como durante un ano para o coidado de menores ou dependentes.

 

Facilitarase a contratación de fillos menores discapacitados dos autónomos e a bonificación en continxencias comúns para contratación  indefenida de parentes ata segundo grao no réximen xeral durante un ano.

 

Recoñecese xa os accidentes in itinere.

 

ENVIO DE DOCUMENTOS

Enviamos informe laboral correspondente ao  3º T 2017.




Circular Outubro 2017

ENVIO FACTURAS DO 3º TRIMESTRE DO 2017

 

Solicitamos nos  envien as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao terceiro trimestre. No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 30/09/17 para poder axustar as contabilidades.

 

RECORDEN que o prazo para  presentar os impostos remata o día 15/10/2017 polo que deben enviarnos as facturas antes do día 09/10/2017.

 

 

RETOMAMOS O HORARIO

 

Recordamos o xa informado no mes de xaneiro:

 

De lúns á Xoves de 8,30 á 14,30 e de 15,30 a 18:00 horas.

Os venres de 8:00 á 15:00 hs.

Para garantír unha atención axeitada e ter unha resposta inmediata  deben de quedar  ca súa responsabel  de laboral ou fiscal, especialmente a partir das 14,30H.

 

Con esta medida a disponibilidade horaria de lúns o xoves ampliase, podendo ser atendido nunha ampla franxa horaria que vai dende as 8:00 H ata as 19:00 H, ousexa 11 horas, pero sempre que se concerte.

BALANCES:

 

Enviamos balances correspondentes ao 2º T 2017.