Arquivos

Xuño 2018

Circular Xuño 2018

ENTRADA EN VIGOR DO REGULAMENTO XERAL DE PROTECION DE DATOS

No dia de hoxe entra en vigor o Regulamento Europeo 2016/679 do 27 de abril, no que as empresas están obrigadas a cumprir e que deben de aplicalo adecuadamente. Para facelo poden acudir a empresas especializadas para que lle informen, aconsellen e apliquen este sistema. Seguro que xa teñen contactos algunha delas, en todo caso nós tamén podemos polos en contacto si están interesados nalgunha.
Dende ASESORIA BIEITO S.L. xa temos implantado os sistemas que permiten informar e exercer os dereitos do RXPD como cliente con Nós, e que nalgunhos casos revisaremos algún documento. Pomonos a vosa disposición para calqueira aclaración ou información que queirades o respecto.
O mesmo tempo que tamén queremos pornos a vosa disposición para asinarvos os contratos de prestación de servizos como encargados do tratamento que queirades formalizar, así como para facilitar a información dos documentos que teñades que formalizar cos vosos traballadores asalariados.

SUBVENCIONS PARA O 2018 DAS ALTAS DE AUTONOMOS DO SEGUNDO SEMESTRE DO 2017
O 15 de maio sairon Subvencións da Xunta para compensar o custe de cotización dos autónomos con tarifa plana que se deron de alta no segundo semestre do 2017 e siguen de alta no 2018, podendo chegar a 400 euros. Iremos pondonos en contacto con vostedes para si queren solicitala, o prazo remata o 31 de xullo do presente ano.

DECLARACIÓN DA RENDA DO EXERCICIO 2.017.

Recordamoslles que continuamos coas declaracións do I.R.P.F. do exercicio 2017. Deben de remitirnos a documentación antes do día 15/06/2018 xa que o día 25/06/2018 remata o prazo para domiciliar aquelas declaracións que sexan a ingresar.

XORNADA INTENSIVA DAS OFICINAS A PARTIR DO 18 DE XUÑO.

A partir do luns dia 18 de xuño, iniciaremos a xornada intensiva de verán cun horario de 8 da mañá ata 15 hs da tarde.

REALIZACION DE XUNTA XERAL A 30-06-2018.

Como se ven facendo durante istes anos a Xunta Xeral de aprobación de Contas do 2.017 e de proposta de reparto de resultados das sociedades mercantis celebrarase con carácter xeral o dia 30-06-2018, xa que esta data será a que se terá en conta para depositar as Contas Anuais no Rexistro mercantil no prazo de 30 días. Si vostedes queren celebrala con outra data fagannolo saber.
Desta Xunta Xeral ordinaria de aprobación de Contas se levanta Acta que a deben de asinar todolos asistentes, a sabendas de que os Administradores van asinar certificación de que a acta foi asinada para depositala no Rexistro mercantil. Os administradores deben de estar pendentes de que se cumpra esta formalidade

Si continúa utilizando esta web, acepta el uso de cookies. Más información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close