Arquivos

Decembro 2019

Circular Xaneiro 2020

REGULARIZACION DE CUOTAS PARA 2020

Un ano máis, non  vamos a facer nengún incremento automático de cuotas para o 2.020, a pesar de que o contrato de prestación de servizos si o permite.

Como xa fixemos  en outras ocasións, vamos a regularizar as cuotas en función da carga  de traballo e da responsabilidade económica da sua empresa ou actividade, especialmente aquelas que tiñan alguna reducción durante iste ano. Si o cambio é significativo recibirán unha nota explicativa.

De todolos xeitos quedamos a súa disposición para calqueira aclaración ou explicación que nos requiran.

 

CAMBIOS PARA O ANO 2.020

Como xa saberán con efectos do 01-01-2020 está previsto que suba o  Salario Mínimo dos Traballadores, que estaba previsto que fora a 1.000 €, pendente de confirmar, así como as cuotas de autónomos ( xa que sube a base e o tipo, tamén pendente de concretar).

Recomendamos que vaian vendo como vai repercutir na sua empresa, e que o teñan en conta nas negociacións dos novos contratos.

 

BAIXA DE TRIBUTOS DA XUNTA DE GALICIA PARA 2020

Xa se aprobaron os orzamentos para 2020 cunha rebaixa de impostos que poden ser de interés para telos en conta:

  • A exención por herdeiro (pactos de mellora) pasa de 400.000 á 1.000.000 € sin vivenda habitual e entre familiares directos (pais, fillos e cónxuxes).
  • A vivenda habitual de segunda mán sita no rural pasa do 7% o 5% do valor.
  • Resto de vivendas de segunda man sitas no rural pasa do 10% o 6% do valor.
  • Ampliase de 4º a 7º xeneración dos beneficios fiscais da herdanza de empresas familiares.

 

REALIZACIÓN DE INVENTARIO POR PARTE DAS EMPRESAS

Como xa é coñecido, con efectos do 31 de decembro, as empresas deben de realizar un INVENTARIO das existencias e remitilos as nosas oficinas durante o mes de xaneiro, quedando a vosa disposición para calqueira aclaración.

 

DECLARACIONS 4º TRIMESTRE 2019

Solicitamos nos  envien as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao cuarto trimestre para poder realiza-las declaracións antes do día 15/01/2020.

No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 31/12/19 para poder axustar as contabilidades.

 

Sen outro particular, aproveitamos para enviar un saúdo.

Asesoria Bieito, S.L.

Declaración da Renda 2019

Durante este mes pode tomar medidas para que salga mellor a declaración da Renda do 2019 como:

1)Amortizar ó máximo a hipoteca deducible de vivenda ata 9.040€.
2) Aumentar aportacións ó plan de pensións ata 8.000€ sempre que se teñan rentas para deducir.
3) Se quere investir, facer plans de aforro de 5.000€ durante 5 anos.

4) Pode facer donativos a entidades autorizadas, sindicatos e partidos.
5) Gastos de seguro enfermidade en actividades económicas ata 500€ por membro.

Aparte doutras medidas máis específicas que nos pode consultar.

Asesoría Bieito.

CIRCULAR DECEMBRO 2019

INVENTARIO E CUADRE CAS COMPRAS DO EXERCICIO:

Recordamos a obriga de facer durante o mes de decembro o inventario de mercancía, materias primas e obras ou servizos pendentes de facturar a prezo de custe. Istes deben de cadrarse cas compras e ventas do exercicio.

 

HORARIO DE COMERCIO 2019:

Recordamoslles que os días 1 / 8 /15 /22 e 29 de decembro do 2019   os establecementos comerciais poderán permanecer abertos.

 

FACTURAS 4º TRIMESTRE 2019:

Rogamos nos envien as facturas correspondentes ao mes de outubro e novembro para ir contabilizando, pois hai que revisa-los balances agora que se achega o final do exercicio. As sociedades deben remitir os extractos bancarios ata o día 30/11/19.

 

DECLARACIÓN MODELO 202:

O vindeiro dia 20/12/19 remata o prazo para presentar o  Pago a conta das sociedades modelo 202. Enviaremos o banco as declaracións das sociedades que estén obrigadas  o pagamento.

 

APORTACIÓN A PLAN DE PENSIONS E AMORTIZACIONS DE PRESTAMOS DE VIVENDA:

Antes do 31-12 pode ser que sexa do seu interés facer unha simulación da renda do 2.019 para poder tomar algunha decisión que supoña un aforro de impostos. Pode ser que lle afecte  amortizar mais o préstamo de vivenda habitual ou incrementar aportacións aos plans de pensións. Si están nestes supostos poñanse en contacto con nós e estudiaremos o seu caso.

 

PECHES CONTABLES DO 2019 E BALANCES TRIMESTRAIS:

Estamos a facer as previsións de peches diste ano. Si hai cambios importantes contactaremos con vostedes para informalos.

Enviamos balances correspondentes ao  terceiro  trimestre

do exercicio 2019.

 

Sen outro particular, aproveitamos para enviarlles un saúdo.

ASESORÍA BIEITO

Se continúas a utilizar esta web aceptas o uso de cookies Mais información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close