Asesoría contable e fiscal

O apoio necesario para a operativa diaria dos nosos clientes

Realizamos contabilidades segundo o Plan Xeral de Contabilidade, así como rexistros fiscais obrigatorios de IVA e de IRPF, o mesmo tempo que asesoramos sobre estas contas e liquidamos os impostos correspondentes aos que esté obrigada a empresa ou profesional.

As empresas que realizan a contbilidade nas súas oficinas co seu persoal, apoiamolos na operativa diaria , facendolle mais fácil a presentación de impostos, o dia a dia das súas contabilidades e das súas obrigas administrativas.

Para facer realidade esta tarefa como asesoría contable e fiscal de primeiro nivel están os oito profesionais cualificados/as que traballan en Asesoría Bieito. O noso equipo ofrece un alto coñecimento do sistema impositivo e unha forte experiencia financeira e contable que permite ofrecer solucións na área de Xestión Contable e Tributaria a todos os nosos clientes.

Nesta área ofrecemos un servizo que permite ás PEMES externalizar os procesos contabeis e financeiros, de maneira que pode liberar á dirección da empresa para a toma de decisións e ao mesmo tempo, dispor da información detallada e concreta da situación da súa empresa.

Este servizo de asesoría contable complementa e apoia o de asesoría fiscal e tributaria mediante o desenvolvemento avanzado nas seguintes áreas:

Contabilidade e rexistro contable de persoas físicas


Contabilidade de sociedades


Contabilidades de entidades asociativas e sociais


Libros-rexistros de Contabilidade


Plans Contables adaptados a empresa


Contas Anuais


Cadro de Amortizacións


Previsións de ingresos e gastos


Confección dos estados contables de empresa

 

Imposto de Sociedades

I.V.E.

I.R.P.F.

Imposto da Renda de Persoas Físicas de non residentes

Impostos Especiais

Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados

Envios telemáticos ante AEAT

Servizo de envio de notificacións 060

Incidencias fiscais: altas, baixas e variacións de datos.

Si continúa utilizando esta web, acepta el uso de cookies. Más información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close