Todas as publicacións por

Xosé Bieito Seara Formoso

image_pdfimage_print

OS GALEGOS NON TERÁN QUE PAGAR COMO GANANCIA PATRIMONIAL POLAS HERDANZAS ENTRE VIVOS PROPIAS DOS PACTOS SUCESORIOS DE GALICIA

image_print

Tratase dunha sentencia da sala do contencioso do Tribunal Supremo desestimando un Recurso de Casación en interés de Lei presentado pola AEAT, basandose nun cliente de Asesoria Bieito s.l. que presentou ao Tribunal Economico-Administrativo e logo foi presentado polo despacho de Xoán Antón Pérez-Lema e   estimado polo Tribunal superior de Galicia. (máis…)

REORGANIZACION DOS SERVIZOS DOS CLIENTES DA ZOA DE MACEDA CAS OFICINAS DE OURENSE DE ASESORIA BIEITO S.L.

image_print

 

Estimado Cliente:

Dende Asesoría Bieito queremos mellorar os servizos os clientes da zoa de Maceda na area de asesoría-xestoría que se realiza nas oficinas de Ourense e que utilizabamos ata agora a oficina de Maceda como lugar onde se deixaba a documentación e onde se podía recoller a que se devolvía de Ourense, pero contaba cun horario moi reducido de catro horas pola mañá.

Agora vamos a ofertar un Servizo de entrega e recollida de documentación que estará aberto todos os días pola mañá e tarde, e os  sábados e domingos pola mañá, utilizando un servizo de mensaxeira profesional NACEX.

 

Este Servizo xa está sito dende hoxe en:

 

LIBRERIA LER de Maceda, Praza As toldas, nº 18, Tlf: 988 46 38 19.

HORARIO: De luns a Venres de 9:00 á 13:30 e de 16:00 á 19:30; sábados e Domingos de 10:00 á 13:00.

 

Aquí se pode levar os documentos e facturas e recollelos no horario indicado e que se introducirán nunha valixa que se enviará para Ourense , informándolle que día chegará. O mesmo tempo tamén se poderán recoller os documentos que se lle envían dende Ourense.

 

Tamén queremos informarlle que existe un servizo directo de envío ou recollida a domicilio para casos especiais que ten un custe de 3 €, que poden solicitalo si o consideran oportuno. A parte existe Os servizos de Correos que para envíos de documentación entre 100 grms e 500 grms cun custe no entorno entre 1 € e 2 €.

 

Os demais servizos que se prestaban dende as oficinas de Maceda vanse a prestar dende Ourense,  e algúns como os inmobiliarios e os de seguros, en réxime de colaboración con empresas profesionais para prestar mellor servizo os nosos clientes. Dende hoxe as oficinas  de Maceda non estarán operativas.

 

CON ESTOS CAMBIOS ESPERAMOS ATENDELO MELLOR!!!

Terceiro trimestre 2015 – envío facturas

image_print

Como cada trimestre, solicitamos nos  envíen as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao terceiro trimestre. No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 30/09/15 para poder axustar as contabilidades.

Lembren que o prazo para presentar os impostos remata o día 15/10/2015 polo que deben enviarnos as facturas antes do día 06/10/2015.

Horario de oficinas en inverno

image_print
 Ourense

A partir do xoves día 01/10/2015 o horario da oficina volve a ser de luns a xoves de  9:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 h. , e os venres de 8:00 a 15:00 h.

Maceda

O horario de apertura na oficina de Maceda  é de 10 a 14 horas de luns a venres. Nas tardes dos mércores, a oficina permanecerá aberta de 18:30 a 20:30 h.

Vacacións

image_print

Recordamos que durante o mes de agosto e setembro o persoal da oficina rotará as  vacacións e, polo tanto, suxerimos chamar para concertar cita e solicitar xestións e traballos con máis antelación da habitual. En todo caso, as oficinas permanecerán abertas en xornada intensiva de 8:00 a 14:30 e os servizos estarán atendidos.