1

OS GALEGOS NON TERÁN QUE PAGAR COMO GANANCIA PATRIMONIAL POLAS HERDANZAS ENTRE VIVOS PROPIAS DOS PACTOS SUCESORIOS DE GALICIA

Tratase dunha sentencia da sala do contencioso do Tribunal Supremo desestimando un Recurso de Casación en interés de Lei presentado pola AEAT, basandose nun cliente de Asesoria Bieito s.l. que presentou ao Tribunal Economico-Administrativo e logo foi presentado polo despacho de Xoán Antón Pérez-Lema e   estimado polo Tribunal superior de Galicia.

As herdanzas recibidas mediante pactos sucesorios entre vivos non tributarán no IRPF como ganancia patrimonial. Así o acaba de dictaminar o Tribunal Supremo ao darlle a razón a un contribuinte que se acollera á modalidade do apartamento, prevista no Dereito Civil de Galicia, para transmitirlle en vida aos seus herdeiros a lexítima que lles correspondería.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TXSG) déralle antes a razón ao contribuinte, pero a Administración Tributaria estatal recorreu en casación perante o Supremo, que acaba de confirmar de xeito definitivo a resolución do TSXG que recoñece este dereito especial dos galegos que se acollen a pactos sucesorios como o apartamento ou a mellora.

O Tribunal Supremo aclara de vez que os pactos sucesorios de mellora e apartamento do Dereito Civil de Galicia non tributan no IRPF das persoas (normalmente pais ou avós) que fan a disposición patrimonial, como ata o de agora consideraban tanto a Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) como a propia Administración do Estado, descoñecendo o inequívoco sentido do preceptos do Dereito Civil galego. Con esta sentenza péchanse de xeito definitivo os conflitos tributarios xerados pola equivocada cualificación dos pactos sucesorios levada a cabo pola Administración Tributaria, que conducía aos contribuíntes galegos a unha indebida tributación das súas herdanzas no IRPF.

Segundo o letrado coruñés Xoán Antón Pérez-Lema, que representou os intereses do demandante, “esta sentenza dálle moita seguranza xurídica ás institucións sucesorias galegas, moito máis flexíbeis ca as estatais e moito máis conectadas coas modernas tendencias a prol dunha meirande liberdade sucesoria”. Para Pérez-Lema, “Galicia é un bó país para a sucesión”, xa que esta resolución firme do Supremo, “xunto co propio marco fiscal galego para o Imposto de Sucesións, farán moi competitiva a nosa normativa a respecto doutros países e territorios”.

Apartamento e mellora

O apartamento e a mellora están regulados na Lei de Dereito Civil de Galicia e teñen efecto en vida do causante. O primeiro permite acordar a adxudicación en vida de bens da herdanza a quen no momento da celebración do pacto tivese a condición de herdeiro forzoso, a cambio de que este renuncie de xeito irrevogábel a esta condición. Co pacto de mellora poden adxudicárselle bens concretos a un descendente. Este tipo de pactos en vida están prohibidos no Dereito Civil común, que rexe en todo o Estado agás Galicia e os restantes territorios cun dereito civil propio (Euskadi, Navarra, Cataluña, País Valenciano, Illas Baleares e Aragón).

A actuación profesional do despacho coruñés Pérez-Lema desenvolveuse en colaboración coa Asesoría Bieito de Ourense, o director do cal, o economista Bieito Seara, representou ao demandante na reclamación administrativa perante o Tribunal Económico Administrativo de Galicia.

Descarga o PDF da Sentenza: Download




Retención IRPF nos arrendamentos de locais de negocio

Como xa vos informamos, lembrade que a retención dos alugueres de locais baixou ó 19,50% dende o día 11/07/2015.




Terceiro trimestre 2015 – envío facturas

Como cada trimestre, solicitamos nos  envíen as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao terceiro trimestre. No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 30/09/15 para poder axustar as contabilidades.

Lembren que o prazo para presentar os impostos remata o día 15/10/2015 polo que deben enviarnos as facturas antes do día 06/10/2015.




Horario de oficinas en inverno

 Ourense

A partir do xoves día 01/10/2015 o horario da oficina volve a ser de luns a xoves de  9:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 h. , e os venres de 8:00 a 15:00 h.

Maceda

O horario de apertura na oficina de Maceda  é de 10 a 14 horas de luns a venres. Nas tardes dos mércores, a oficina permanecerá aberta de 18:30 a 20:30 h.




Envío de documentos

Suxerimos permanezan atentos á circular enviada neste mes aos seus enderezos, xa que enviamos informe laboral correspondente ao segundo trimestre do exercicio 2015.

 




Vacacións

Recordamos que durante o mes de agosto e setembro o persoal da oficina rotará as  vacacións e, polo tanto, suxerimos chamar para concertar cita e solicitar xestións e traballos con máis antelación da habitual. En todo caso, as oficinas permanecerán abertas en xornada intensiva de 8:00 a 14:30 e os servizos estarán atendidos.




Retencións das nóminas de xullo e agosto

O goberno aprobou unha rebaixa do IRPF con efectos dende 1 de xullo que non vai supoñer moito cambio nas nóminas pequenas. En calquera caso, nas nóminas do mes de xullo non se vai aplicar, e esperamos que as que cambien sexan as do mes de agosto.




Sociedades mercantís: recollida de contabilidade e contas anuais 2014

A partires do mes de agosto, e no caso de estar interesados, poden solicitarnos a contabilidade e as Contas Anuais do 2014 no soporte que sexa máis acaído: CD, USB ou ficheiro en correo electrónico.

En todo caso, poden solicitalo cando vostedes queiran co límite máximo de cinco anos, neste caso o ano 2020 que non poderemos garantir a súa conservación nos nosos ficheiro. E aproveitamos para informalos de que, no caso de que deixásemos de prestar servicios profesionais con vostedes, poden demandarnos a eliminación destes datos en calquera momento.