1

Declaración da renda do exercicio 2013

O día 24 de abril escomenzou o prazo para a realización da declaración da renda do 2013.

Si a súa declaración do IRPF do exercicio 2012 foi realizada por nós, xa lles solicitamos os datos fiscais-borrador que vostedes recibirán no seu domicilio e que deben de traernos xunto coa demais documentación para facer a mencionada declaración. Para calqueira dúbida poñanse en contacto coas nosas oficiñas.




Reclamacion de facturas do chamado “centimo sanitario”

Si vostedes teñen facturas de consumo de carburantes dos seus vehiculos, polas que pagaron directamente ao proveedor e queren reclamar o imposto dos exercicios 2010,2011 e 2012 poden encargarnos da xestión e explicaremoslles os documentos que teñen que traer e os gastos que teñen. Quedamos a sua disposición.




Subvencions para apertura de novos establecemento comerciais

Destinadas a mellora da imaxen exterior, a adquisición de mobiliario e equipamento adicado a actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venta , quedando excluidos equipos informáticos, impresoras, televisores, monitores, alarmas e semellantes, podendo alcanzar o 50% do investimento, cun máximo de 20.000 euros. Prazo de solicitude ata o 30 de xuño.




Informes de resultados do 2013

Xunto con esta circular, acompañamos Informe da Conta de Resultados do exercicio 2013, para que poidan ter detalle dos ingresos e gastos, o mesmo tempo que nos pomos a sua disposición para dar maior información ou aclarar calqueira dúbida sobre éstas.




Declaracion de iva, pago fraccionado, retencions de traballo e de alugueres e pago a conta do imposto de sociedades.

Durante o mes de abril realizaranse as declaracións correspondentes ao primeiro trimestre do exercicio 2014.

Para poder realizar estas declaracións en tempo e con garantias é preciso que nos remitan os documentos, facturas e xustificantes necesarios para a contabilidade o antes posibel. É necesario que antes do dia 10 de abril teñamos no noso poder os documentos xa que, en caso contrario, non podemos garantir a realización das referidas declaracións en prazo, RECORDEN que agora, só temos ata o día 15 para facer os envios telemáticos das declaracións a Axencia Tributaria.

IMPORTANTE!!!!! Dende a Asesoria si non presentamos as declaracions telematicamente e domiciliadas non podemos presentalas no banco directamente, teñen que ser os autorizados ou titulares quen as presente.
Polo tanto, si non nos traen os documentos antes do dia 10 poden que se vexan obrigados a ter que vir vostedes a buscalas as nosas oficinas e presentalas no seu banco




RECORDATORIO: Declaracion de bens e dereitos no estranxeiro

Durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo do 2.014 hai que declarar os bens, contas bancarias, seguros, productos financieiros e demáis dereitos que estén no estranxeiro e que superen os 50.000 euros de valor, ou os cambios que supuxo con respecto ao ano pasado si variarón 20.000 euros.

No caso de que non se faga esta declaración terá uns efectos fiscais “confiscatorios”, e decir que as sancións poden ser tan grandes que se quedan coa totalidade dos valores e dereitos. Cando istes bens ou dereitos sexan detectados haberá que tributar por eles todos nun ano, xa que non prescriben nunca, e suporá unha forte tributación, ademáis das sancións que poidan aplicar.

Polo tanto, si teñen bens ou dereitos no estranxeiro non deixen de comunicarnolo e preguntar polas obrigas que teñen que cumprir.




Declaracion de bens e dereitos no estranxeiro

Durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo do 2.013 hai que declarar os bens, contas bancarias, seguros, productos financieiros e demáis dereitos que estén no estranxeiro e que superen os 50.000 euros de valor, ou que variaran en 20.000 con respecto ao ano pasado.




Plan de emprego xuvenil anunciado pola xunta

O dia 20 de febreiro aprobouse por parte da Xunta de Galicia o chamado Plan de emprego xuvenil dotado con 100 millóns de euros para fomentar o emprego para menores de 30 anos, especialmente para colectivos de nula ou escasa cualificación que contarán cunha atención personalizada e axudas ata 200 euros/mes e os contratos de formación tamén poderán alcanzar a cantidade de 100 eruos.

Iste Plan terá que convertirse en normativa onde se detallará polo miudo os requisitos para poderse acoller a él. Cando se dispoña desa información iraselle informando.