Circular Marzo 2017


PECHE CONTABLE DO 2.016:

Continuamos cos peches das contabilidades do exercicio  2.016 cos datos que fomos informando durante o presente mes.

As sociedades deberán traer os extractos bancarios ata o 31/12/16 para o peche do exercicio, así como o inventario de existencias e obras en execución.

DECLARACION DE BENS E DEREITOS NO ESTRANXEIRO

Durante os meses  de xaneiro, febreiro e marzo  do 2.017 hai que declarar os bens, contas bancarias, seguros, productos financieiros e demáis dereitos que estén no estranxeiro e que superen os 50.000 euros de valor, ou que variaran en 20.000 con respecto ao ano pasado.

CAMBIOS LEXISLATIVOS PREVISTOS PARA 2017

Está previsto que nestes primeiros meses do ano haxa algunhos cambios de normativas que poden verse afectados por eles e que os medios de comunicación xa levan anunciando. Varios cambios que poden afectar os autónomos que xa están dados de alta como os que teñan previsto facelo neste ano, o límite dos pagos efectivos dos 1.000 euros que vai entrar próximamente.

Tamén xa se aprobou a rebaixa do Imposto de Transmisións e Actos Xuridicos para adquirir vivenda habitual nalgunhas parroquias do rural galego  para mozos, familias numerosos e discapacitados.

SUBVENCIONS DA XUNTA

Ainda están sin publicar as subvencións habituais da Xunta de Galicia para o autoemprego.

Sí, xa se publicaron axudas para empresas que contraten desempregados nas unidades formativas e logo queden nas empresas. Estas están orientadas aquelas empresas que cumpren requisitos e teñen a capacidade de xestionar obradoiros  e unidades formativas.

Para contratación de persoal asalariado tamén existen as subvencións habituais, especialmente si son traballadores con discapacidade.

Sen outro particular, aproveitamos para enviar un saúdo.




Circular Febreiro 2017


DECLARACION DE OPERACIONS DE MÁIS DE 3.000 €  EXERCICIO 2.016:

Durante o mes de febrero hai que facer a Declaración de operacións que superaron os 3.000 euros durante o 2.016. É conveniente que esta declaración sexa coincidente entre os proveedores e clientes, e, polo tanto si queren contrastar algunha operación ou si reciben cartas informativas sobre estas operacións de clientes ou proveedores acheguennolas para telas en conta.

REALIZACIÓN DE INVENTARIO POR PARTE DAS EMPRESAS:

Como xa é coñecido, con efectos do 31 de decembro, as empresas deben de realizar un INVENTARIO das existencias a prezo de coste que teñan no seu almacén e do valor das obras e servicios que teñan realizadas e que están pendentes de facturación. Estes inventarios deben de remiti-los as nosas oficinas durante o mes de xaneiro, quedando a vosa disposición para calqueira aclaración.

CAMBIOS LEXISLATIVOS PREVISTOS PARA 2017

Está previsto que nestes primeiros meses do ano haxa algunhos cambios de normativas que poden verse afectados por eles e que os medios de comunicación xa levan anunciando. Varios cambios que poden afectar os autónomos que xa están dados de alta como os que teñan previsto facelo neste ano, o límite dos pagos efectivos dos 1.000 euros que vai entrar próximamente.

Tamén xa se aprobaron a rebaixa de imposto de transmisións e Actos Xuridicos para adquirir vivenda habitual nalgunhas parroquias do rural galego  para mozos, familias numerosos e discapacitados.

SUBVENCIONS DA XUNTA

Ainda están sin publicar as subvencións habituais da Xunta de Galicia para o autoemprego.

Sí xa se publicaron axudas para empresas que contraten desempregados nas unidades formativas e logo queden nas empresas. Estas están orientadas aquelas empresas que cumpren requisitos e teñen a capacidade de xestionar obradoiros  e unidades formativas.

Para contratación de persoal asalariado tamén existen as subvencións habituais, especialmente si son traballadores con discapacidade.

Si están interesados en estas axudas ou subvencións non dubiden en poñerse en contacto con nós e xa lle damos a información que precisen.

Ourense a 27 de xaneiro do 2.016.

ASESORIA BIEITO SL




Circular Xaneiro 2017


REGULARIZACION DE CUOTAS PARA 2017

Un ano máis, non  vamos a facer nengún incremento automático de cuotas para o 2.017, a pesar de que o Contrato de prestación de servizos si o permite.

Como xa fixemos  en outras ocasións, vamos a regularizar as cuotas en función da carga  de traballo e da responsabilidade económica da sua empresa ou actividade, especialmente os descontos que se aplicaron durante iste ano 2.016.

De todos os xeitos quedamos a súa disposición para calqueira aclaración ou explicacións que nos requiran.

NOVO E AMPLIO HORARIO PARA UNHA MELLOR ATENCIÓN

Dende o 2017 vamos ampliar o horario da oficina:

De lúns á Xoves de 8,30 á 14,30 e de 15,30 a 18:00 horas.

Os venres de 8:00 á 15:00 hs.

Para garantír unha atención axeitada e ter unha resposta inmediata  deben de quedar  ca súa responsabel  de laboral ou fiscal, especialmente a partir das 14,30 H.

Con esta medida a disponibilidade horaria de lúns o xoves ampliase, podendo ser atendido nunha ampla franxa horaria que vai dende as 8:00 H ata as 19:00 H, ousexa 11 horas, pero sempre que se concerte.

CAMBIOS PARA O ANO 2.017

Xa hai medidas que están aprobados para o ano 2.017 tanto para autónomos, sociedades, que iremos informando según lle vaian afectando. Entre elas está un Sistema de Información inmediata que entra no mes de xullo e que obrigará as empresas a enviar  as facturas a AEAT  no prazo de catro días.

REALIZACIÓN DE INVENTARIO POR PARTE DAS EMPRESAS:

Como xa é coñecido, con efectos do 31 de decembro, as empresas deben de realizar un INVENTARIO das existencias e remitilos as nosas oficinas durante o mes de xaneiro, quedando a vosa disposición para calqueira aclaración.

DECLARACIONS 4º TRIMESTRE 2016:

Solicitamos nos  envien as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao cuarto trimestre para poder realiza-las declaracións antes do día 10/01/2017.

No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 31/12/16 para poder axustar as contabilidades.

Sen outro particular, aproveitamos para enviar un saúdo.

Asesoria Bieito, S.L.