Todas as publicacións por

Asesoría Bieito

Axudas para promoción do emprego autónomo e contratación indefenida de asalariados e Industria

EXTRACTO da Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2018. Programa de emprego autónomo.

Descargar DOG en PDF

Subvencións para fomento de empredemento en economía social.

ORDE do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa APROL-Economía Social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2018.

Descargar DOG en PDF

Axudas destinadas a creacion de empresas para actividades non agricolas en zonas ruraisnstituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Rural Emprende).

Descargar DOG en PDF

DOCUMENTO PARA ALTA DE TRABALLADORES EN DÍAS INHÁBILES

Amosámos un novo documento para realizar a alta de traballadores en días inhábiles, que teredes que remitir vía Email aos seguintes enderezos:  ourense.administracion1.tgss@seg-social.es , ourense.administracion2.tgss@seg-social.es.

Cando se realice dita alta, pregámoslle nos remitan copia e a documentación dos traballadores a ASESORIA BIEITO S.L. no email: laboral@bieito.com

Descarga Impreso

APORTACIÓN A PLAN DE PENSIONS E AMORTIZACIONS DE PRESTAMOS DE VIVENDA

Antes do 31-12 pode ser que sexa do seu interés facer unha simulación da Renda do 2.017 para poder tomar algunha decisión que supoña un aforro de impostos. Pode ser que lle afecte amortizar máis o préstamo de vivenda habitual ou incrementar aportacións aos plans de pensións. Sí están nestes supostos poñanse en contacto con nós e estudiaremos o seu caso.

Circular Decembro 2017

INVENTARIO E CUADRE CAS COMPRAS DO EXERCICIO:

Recordamos a obriga de facer durante o mes de decembro o inventario de mercancía, materias primas e obras ou servizos pendentes de facturar a prezo de custe. Istes deben de cadrarse cas compras e ventas do exercicio.

HORARIO DE COMERCIO 2017:

Recordamoslles que os días 3 / 8 / 10 /17 /24  e 31 de decembro do 2017   os establecementos comerciais poderán permanecer abertos.

FACTURAS 4º TRIMESTRE 2017:

Rogamos nos envien as facturas correspondentes ao mes de outubro e novembro para ir contabilizando, pois hai que revisa-los balances agora que se achega o final do exercicio. As sociedades deben remitir os extractos bancarios ata o día 30/11/17.

DECLARACIÓN MODELO 202:

O vindeiro dia 20/12/17 remata o prazo para presentar o  Pago a conta das sociedades modelo 202. Enviaremos o banco as declaracións das sociedades que estén obrigadas  o pagamento.

APORTACIÓN A PLAN DE PENSIONS E AMORTIZACIONS DE PRESTAMOS DE VIVENDA:

Antes do 31-12 pode ser que sexa do seu interés facer unha simulación da Renda do 2.017 para poder tomar algunha decisión que supoña un aforro de impostos. Pode ser que lle afecte  amortizar máis o préstamo de vivenda habitual ou incrementar aportacións aos plans de pensións. Sí están nestes supostos poñanse en contacto con nós e estudiaremos o seu caso.

BALANCES:

Enviamos balances correspondentes ao  terceiro  trimestre do exercicio 2017.

Circular Novembro 2017

SEGUNDO PRAZO RENTA  2016

 

Recordamoslles que na data 05/11/2017 será cargado o segundo prazo da renda do exercicio 2016, daqueles que solicitaron fraccionamento do pago.

 

PECHE CONTABLE 2017

 

Convén que vaian facendo as estimacións das facturas pendentes de emitir e de recibir do presente ano para ir preparando o peche contable do exercicio 2017.

A AEAT cada vez está máis esixente nas contas e nas comprobacións e a inspección está a solicitar o INVENTARIO DE FIN DE ANO das actividades para logo intentar estudar e comprobar si cadran as contas.

Recordamos que deben de ser rigurosos na xestión da actividade e deben de coidar que todas as compras que realizan deben de sair como ventas ou estar no inventario de existencias. Esta fórmula é de importancia máxima para que poidan concordar todos os datos contables.

No caso das sociedades deben enviarnos os extractos bancarios ata o 31/10/2017 para poder axustar as constabilidades.

 

LEI DE AUTONOMOS

 

Acaba de aprobarse e publicarse a lei de autónomos e a súa entrada en vigor xa é para este mes nalgunhos temas e outros para primeiro do ano 2018.

Entre estos están, os recargos da Seguridade Social do 20% ó 10%, así como os gastos de suministros, auga, luz e telefóno da casa si traballan nela, e os gastos de manutención ata 26,67 euro diarios.

 

Os autónomos poderan darse de alta e baixa tres veces o ano e nos dias que se queiran, o mesmo tempo que  a tarifa de 50 euros será durante un ano e a posibilidade de volvela disfrutar unha vez que pasaron xa tres anos, salvo que sexa unha nai que se reincorpora o traballo que o prazo será de dous anos.

 

Os autónomos pais e nais estan exentos durante a maternidade ou paternidade da cotización das cuotas, asi como durante un ano para o coidado de menores ou dependentes.

 

Facilitarase a contratación de fillos menores discapacitados dos autónomos e a bonificación en continxencias comúns para contratación  indefenida de parentes ata segundo grao no réximen xeral durante un ano.

 

Recoñecese xa os accidentes in itinere.

 

ENVIO DE DOCUMENTOS

Enviamos informe laboral correspondente ao  3º T 2017.

Circular Outubro 2017

ENVIO FACTURAS DO 3º TRIMESTRE DO 2017

 

Solicitamos nos  envien as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao terceiro trimestre. No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 30/09/17 para poder axustar as contabilidades.

 

RECORDEN que o prazo para  presentar os impostos remata o día 15/10/2017 polo que deben enviarnos as facturas antes do día 09/10/2017.

 

 

RETOMAMOS O HORARIO

 

Recordamos o xa informado no mes de xaneiro:

 

De lúns á Xoves de 8,30 á 14,30 e de 15,30 a 18:00 horas.

Os venres de 8:00 á 15:00 hs.

Para garantír unha atención axeitada e ter unha resposta inmediata  deben de quedar  ca súa responsabel  de laboral ou fiscal, especialmente a partir das 14,30H.

 

Con esta medida a disponibilidade horaria de lúns o xoves ampliase, podendo ser atendido nunha ampla franxa horaria que vai dende as 8:00 H ata as 19:00 H, ousexa 11 horas, pero sempre que se concerte.

BALANCES:

 

Enviamos balances correspondentes ao 2º T 2017.

Si continúa utilizando esta web, acepta el uso de cookies. Más información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close