Base Mínima de Cotización para determinados traballadores Autónomos


Recordámoslle que a base mínima de cotización aplicable os traballadores autónomos participes dunha sociedade mercantil na que exerzan funciones de dirección e xerencia, terá unha contía igual a prevista coma base mínima para os traballadores encadrados no grupo 1 de cotización no Réxime Xeral, que para o ano 2017, está fixada en 1.152,90 euros mensuais (artigo 15.12 da Orde de Cotización ESS/106/2017, de 9 de febreiro).

Recomendamos a aqueles Autónomos que aínda non están cotizando por esta Base, e para evitar que a Administración Social liquide as diferencias, proceder canto antes a Comunicar ou Regularizar o dereito de acollerse a Base de 1.152,90 euros ou bases superiores, no caso de que queiran verse beneficiados doutras prestacións que se poidan dar no futuro.

Suxerimos que contacten con nós para realizar esta xestión na contía que vostedes determinen.

Así mesmo recordámoslle que os traballadores autónomos que nalgún momento no ano 2016 e de modo simultáneo tiveran contratado o seu servicio un número de traballadores por conta allea igual ou superior a dez, teñen establecida como mínima tamén esta base.