1

CAP – CERTIFICADO APTITUDE PROFESIONAL

É un certificado de aptitude profesional que se require con carácter obrigatorio ós condutores de transporte de viaxeiros dende o 11 de Setembro do 2008, e os condutores de mercadorías dende o 11 de Setembro do 2009, sen o cal non poden realizar a actividade profesional do transporte.

O certificado non ten prazo de caducidade pero a súa vixencia depende de que o titular realice, dentro dos prazos determinados na normativa, os cursos de formación continua que lle correspondan. Así cada cinco anos e durante toda a súa vida profesional, os condutores deben facer os cursos de formación continua ou renovación. As empresas poden bonificar nas cuotas da Seguridade Social estes cursos, tanto a cualificación inicial de 280 ou 140 horas + exame ou o de formación continua de 35 horas,  para que lle resulten de balde os seus traballadores.

De contar con algún traballador que teña que renovar o CAP mediante o curso de formación continua de 35 horas, facilitámoslle o contacto cun Centro Homologado para realizar esta formación, dentro de un horario compatible (unha tarde de venres, dous sábados e dous domingos) e con inicio de cursos tódolos meses.