Todas as publicacións en Categoría

Avisos

NOVO HORARIO ASESORIA BIEITO

Ca idea de prestar mellor servizo os clientes e o mesmo tempo que conquerir unha maior Conciliación familiar podemos estar dispoñibles nunha franxa horaria de 11 horas entre ás 8:00 e 19:00 horas, sempre e cando concertemos co responsable que queiramos que nos atenda. Sendo o horario habitual de apertura das oficinas:

De Luns a Xoves de 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 19:00

Venres de 8:00 a 15:00

Para unha mellor atención recoméndase concertar ca persoa que queiramos que nos atenda e sempre despois das 14:300 e así garantir a atención acaída.

REORGANIZACION DOS SERVIZOS DOS CLIENTES DA ZOA DE MACEDA CAS OFICINAS DE OURENSE DE ASESORIA BIEITO S.L.

 

Estimado Cliente:

Dende Asesoría Bieito queremos mellorar os servizos os clientes da zoa de Maceda na area de asesoría-xestoría que se realiza nas oficinas de Ourense e que utilizabamos ata agora a oficina de Maceda como lugar onde se deixaba a documentación e onde se podía recoller a que se devolvía de Ourense, pero contaba cun horario moi reducido de catro horas pola mañá.

Agora vamos a ofertar un Servizo de entrega e recollida de documentación que estará aberto todos os días pola mañá e tarde, e os  sábados e domingos pola mañá, utilizando un servizo de mensaxeira profesional NACEX.

 

Este Servizo xa está sito dende hoxe en:

 

LIBRERIA LER de Maceda, Praza As toldas, nº 18, Tlf: 988 46 38 19.

HORARIO: De luns a Venres de 9:00 á 13:30 e de 16:00 á 19:30; sábados e Domingos de 10:00 á 13:00.

 

Aquí se pode levar os documentos e facturas e recollelos no horario indicado e que se introducirán nunha valixa que se enviará para Ourense , informándolle que día chegará. O mesmo tempo tamén se poderán recoller os documentos que se lle envían dende Ourense.

 

Tamén queremos informarlle que existe un servizo directo de envío ou recollida a domicilio para casos especiais que ten un custe de 3 €, que poden solicitalo si o consideran oportuno. A parte existe Os servizos de Correos que para envíos de documentación entre 100 grms e 500 grms cun custe no entorno entre 1 € e 2 €.

 

Os demais servizos que se prestaban dende as oficinas de Maceda vanse a prestar dende Ourense,  e algúns como os inmobiliarios e os de seguros, en réxime de colaboración con empresas profesionais para prestar mellor servizo os nosos clientes. Dende hoxe as oficinas  de Maceda non estarán operativas.

 

CON ESTOS CAMBIOS ESPERAMOS ATENDELO MELLOR!!!

Documentación dos conductores en vehículos de empresa

Lembrámoslle que os autónomos e traballadores no réxime xeral, que realicen transporte de mercancías, deben levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a vinculación coa empresa: se é asalariado, TC1 e TC2 e, se é autónomo, o recibo da S. Social, a escritura da empresa, se procede, e xustificante do parentesco.

O QUE SE DEBE DE SABER SOBRE A FISCALIDADE  DOS ALUGUERES

Existen dous tipos de alugueres en  Función do seu uso ou destino 1.- Vivendas
2.- Uso distinto a Vivenda: locais de negocio ou arrendamentos de Industria

 

OBRIGAS QUE SE DERIVAN O FACER E ASINAR O CONTRATO

Débese establecer unha fianza, en función do tipo de contrato 1.-Vivendas: unha mensualidade
2.-Locais: dúas mensualidades
Independentemente doutras garantías complementarias: máis fianza ou avales

 

OBRIGAS PARA O ARRENDADOR
.- A fianza ten que entregala o inquilino ao arrendador, e este ten que depositala no prazo máximo dun mes no IGVS. Se non se fai, pode ser  sancionado máis xuros. A Xunta incrementou os servizos de inspección que ata agora non se viñan facendo. A Xunta pode utilizar parte distes depósitos. “Si se quere regularizar a situación sería convinte refacer de novo o contrato”.
2º.– Si se trata de local ou Industria ten que repercutir o 21% de IVE e deixar que o inquilino lle reteña o 20% .
.- Facer as Declaracións trimestral de IVE (modelo 303) e Resumen anual .
.- Declarar no IRPF as rendas obtidas, descontando os gastos imputables ao  arrendador. Se as rendas son de vivenda teñen unha reducción do 60%.

 

OBRIGAS PARA O INQUILINO
1º.– A fianza ten que entregala ou aboala ao arrendador.
.-Si se trata de vivenda, está exenta de IVA pero está obrigado a Declarar o Imposto de Transmisións Patrimoniais Onerosas á Xunta de Galicia. Este vai en función da duración e da contía. Se a duración non se concreta, enténdese por 6 anos, salvo os de prorroga forzosa que son de 3 anos. Posteriormente pódense facer liquidacións adicionais.Exemplo de arrendamentos entre 3.846 e 7.692 a cuota a pagar é de 30,77 €.
.-Si se trata de local ou Industria ten que soportar o 21% de IVA e Aplicar Retención a Conta da BI do 20% .
.-Facer as declaracións Trimestrais de ingreso de Retencións e Resumen Anual (Mod. 115)