Todas as publicacións en Categoría

Circular

DECLARACIÓNS DE SOCIEDADES E DEPÓSITOS CONTAS 2013

image_print

AEATDurante o mes de xullo depositaranse as Contas Anuais do 2013 no Rexistro mercantil, estas terán que ser asinadas polos Administradaroes e pagarase unha tasa en torno aos 38 euros, máis baixa que outros anos, que pasaremos ao cobro na factura do mes de agosto. O mesmo tempo ata o 26 de xullo haberá que declarar e ingresar o imposto de sociedades na cuantía que xa lle informamos no seu día e no caso de que lle resultara a pagar.

 

Publicadas as subvencións a autónomos 2014

image_print

oden acollerse a estas axudas as persoas físicas, sociedades civís ou comunidades de bens que se deron de alta no réxime de autónomos a partir do 01/10/2013.
Hai dous tipos de axudas:

  1. Subvencións para menores de 30 anos.
  2. Subvencións para maiores de 30 anos.

Inversión mínima: 3.000 €
Prazo de presentación: 30/09/2014

Declaración exercicio 2013

image_print

Recordamoslles que continuamos coas declaracións do I.R.P.F. do exercicio 2013. Deben de remitirnos a documentación antes do día 15/06/2014 xa que o día 25/06/2014 remata o prazo para domiciliar aquelas declaracións que sexan a ingresar.

Unidade de inspeccion especial da AEAT

image_print

A AEAT puxo en marcha unha unidade especial de Inspección e control das empresas, podendo personarse nestas, entrando nos domicilios sociais, solicitando información e documentanción e incluo intentando outelas eles directamente dos soportes informáticos dos ordenadores da empresa. Polo tanto, debese ter a información ordenada e axeitada nos equipos informáticos das empresas e evitar que nestes haxa información persoal ou outro tipo de información que pode ser requisada pola AEAT. Iste procedemento está regulado e poden levalo acabo sempre e cando actuen axeitadamente.

25 anos acompañando a empresa do país

image_print

Iste ano cumprimos 25 anos prestando servizos aos clientes que como vostedes confiaron en Nós. 25 anos asesorando e xestionando as súas empresas e negocios cun equipo dunha ducia de profesionais coñecidos que intentamos facer máis fácil o cumprimento das súas obrigas legais.

Aproveitaremos iste aniversario para convertelo nun reto que mellore a nosa solvencia profesional e prestémoslle máis e mellores servizos para que vostedes sigan confiando en Nós. Moitas grazas!