Todas as publicacións en Categoría

Circular

25 anos acompañando a empresa do pais

image_print

Iste ano cumprimos 25 anos prestando servizos aos clientes que como vostedes confiaron en Nós. 25 anos asesorando e xestionando as súas empresas e negocios cun equipo dunha ducia de profesionais coñecidos que intentamos facer máis fácil o cumprimento das súas obrigas legais.

Aproveitaremos iste aniversario para convertelo nun reto que mellore a nosa solvencia profesional e prestémoslle máis e mellores servicios para que vostedes sigan confiando en Nós. Moitas grazas!

Departamento laboral

image_print

Enviamos xunto coas nóminas do mes de decembro do 2013 o modelo 145 para que se cumplimente e se asine por parte da empresa e dos traballadores. Pregamoslles o remitan a maior brevedade posible para a confección das nóminas de xaneiro do 2014. Senón remiten o modelo 145 suporá que terán que pagar unha porcentaxe de retención polos traballadores maior da que lles corresponde.

Xa están dispoñibles nas mutuas de traballo os calendarios laborais do exercicio 2014. Deben poñerse en contacto coas mutuas para recoller o calendario en papel ou para descargalo por internet.

Declaracions 4º trimestre 2013

image_print

Solicitamos nos envien as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao cuarto trimestre para poder realiza-las declaracións antes do día 10/01/2014.

No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 31/12/13 para poder axustar as contabilidades.

Realización de inventario por parte das empresas

image_print

Como xa é coñecido, con efectos do 31 de decembro, as empresas deben de realizar un INVENTARIO das existencias a prezo de coste que teñan no seu almacén e do valor das obras e servicios que teñan realizadas e que están pendentes de facturación. Estes inventarios deben de remiti-los as nosas oficinas durante o mes de xaneiro, quedando a vosa disposición para calqueira aclaración.