Todas as publicacións en Categoría

Clientes

INFORMACION DE “CANJE” DE TICKES E F.SIMPLIFICADA /FACTURAS RECTIFICATIVAS/RECAP.E DUPL.

FACTURAS DE “CANJE”

A posibilidade de que si unha empresa ten facturas simplificadas ou tickes dun gasto para poder deducilo, pódese solicitar o acredor correspondente que se faga unha factura completa con todos os datos e identificado a empresa para que poida deducirse legalmente. Isto pódese facer durante o prazo de catro anos e na factura debería reflectirse os datos do tiket, tal como establece o artigo 164.Un.3º da lei 37/1992.

Para Solicitar este “ canje” debese de remitir as facturas ou tickes orixinais, ou unha dixitalización certificada acreditada ante AEAT( Exe. Tradise Paperless)

En principio, non supón ningún cambio en libros nin en impostos.

A SOLICITUDE DO “CANJE” DAS FACTURAS DIRECTAMENTE OU POR MEDIO DE EMPRESS ESPECIALIZADA

Esta Solicitude pode facelo directamente a empresa(autónomo)  interesada ou por medio de empresas especializadas que se adican o xestión do gasto e que se encargan de facelo,( Exe. 60 días SL e outras)  incluso estas empresas poden acollerse a facturación de terceiros que quere dicir que para facilitarlle o traballo o acredor fan iles as facturas e envíana a empresa interesada do “canje”, sempre e cando asinen un convenio, para o cal deben de facer unha serie específica para cada destinatario. Si o empresario decide contrata a unha destas empresas e asinar o convenio débenolo facer saber e remitirnos esas facturas para incorporalas os libros, e, si as fai directamente  a empresa obrigada, igualmente deberá remitilas para incorporalas.

Evidentemente, estas empresas de xestións do gasto cobrarán polos seus honorarios

FACTURAS RECTIFICATIVAS

SUPOSTOS:

  • Omisión dalgún dato ou incumprimento dos requisitos das facturas.
  • Incorrecta fixación da cuota repercutida
  • Concorrencias de circunstancias que dan lugar a modificacións: obrigatorias, como devolución de envases e descontos posteriores as operación, así como modificación do prezo debido a unha esixencia legal, ou cando se deu o prezo provisional; e voluntarias: situación de concurso e cuotas repercutidas incobradas, requiridas ou demandadas, transcorridos  os 6 meses ou 12 meses ( Gran empresas IVA).

PROCEDEMENTO:

Realizar unha nova Factura cunha Serie especifica (R), con numeración correlativa, con data actual(antes do 15 do mes seguinte), e na que se faga referencia as Facturas que se rectifican, podendo ser unha ou varias, e non é necesario si se trata de devolución de envases e se fai nunha factura normal posterior.

O Xeito de Rectificala pódese optar entre sustituir a que se rectifica indicando as causas ou complemetar a diferenza, sexan positiva ou negativa.

FACTURAS RECAPITULATIVAS

Pódese incluír nunha só factura distintas operación facturadas o mesmo destinatario, sempre e cando sexan realizadas dentro do mesmo mes natural.

FACTURAS ORIXINAIS E DUPLICADOS

A expedición do orixinal será só de un, e poderase expedir duplicados, onde se indicará  “DUPLICADO”, podendo utilizar a mesma factura para varios destinatarios con indicación de Base e cuota que lle corresponde a cada un.

INFORMACION DIETAS TRABALLADORES(CONVENIOS) / AUTÓNOMOS/DIRECTIVOS E “VALES COMEDOR” , LOCOMOCIÓN, E PAGOS DIRECTOS DISTES GASTOS POLAS EMPRESAS

As dietas deben ser para compensar gastos do persoal cando se ten que desprazar para realizar o seu traballo  a outro Concello(D.manutención ) ou incluso no mesmo(D. Locomoción)

Os desprazamentos e permanencias dos traballadores nun mesmo municipio non poden  superar os  9 meses

CONVENIO LABORAL E CONTRATO

Terase que partir do que establezca o convenio colectivo para o sector ou empresa, e éstas son obrigatorias como mínimo, podendo pactar máis en contrato, e sempre que se xustifique os motivos e necesidade de desprazarse. Si nonse dán xustificados obrigarase a que se cotize a S.Social e tributen a AEAT.(As cantidades que establecen os convenios están dentro dos límites para estar exentas de cotización e Tributación.

XUSTIFICACION E MOTIVACION DAS DIETAS: Sempre se Terán que acreditar cal é a razón do desprazamento e a pernotación noutro lugar con partes de traballo, facturas, itinerarios e rutas, tacógrofos e outros medios que poidan valer como proba.

Aconsellamos utilizar parte de dietas mesuais por persoa onde quede reflectido data, lugar de desprazamento e motivo cas dietas correspondentesde locomocióna e manuntención

                                                  ALOXAMENTO E LOCOMOCION(Non son de Domicilio ó Traballo)

Os gastos de alonxamento en hoteis e hospedaxes, así como os de desprazamentos en servizos públicos deberán de xustificarse ca factura correspondente a nome do persoal . (*)

Si o persoal utiliza o seu vehiculo propio pagaraselle a razón de 0,19 €/ Km.+Peaxe+parking

E si utiliza vehiculos da empresa non procederá aboar dieta de locomoción.

Existe a posibilidade de pagar “Abonos ou vales Trasnporte” ata 1.500/ano desprazamento Casa-traballo

LIMITES E XUSTIFICANTE DE DIETAS MANUTENCION

GASTOS E.ESTADO ESTRAN XUSTIFICACION Autónomos incluso directivos sempre pagadas con tarxetas
 Con pernota 53,34 91,35 Motivo e lugar
Sen pernota 26,67 48,08 Motivo e lugar
Transporte mercancias 15,00 25,00 Non fai falla  

Para traballadores non fai falla xustificar a cuantía e ten que estar dentro dos límites.Para os autónomos si e para “Socios-administradores en réximen de autónomos mellor factura e pago por tarxeta.

As Facturas a nome do persoal que fixo uso do servizo e a ser posible pagadas polo banco/tarxeta. Existe a posibilidade de pagar de xeito inmediato mediante “ Vales,bonos comedor” ata 11 €/diarios. Teñen que cumprir unha serie de requisitos. Hai empresas no mercado que facilitan iste sistema.Existen outras cuantías para persoal de voo.

ATENCION ESPECIAL PARA DIRECTIVOS DEPENDENTES E AUTONOMOS E CENTROS MOVILES

1.-As dietas de Socios-administradores e directivos autónomos deben de xustificarse, non pasar dos límites, estar ben xustificadas os seus motivos e lugares  e pagadas por tarxeta ou banco.

2.-Os Traballadores cunha Relación laboral especial de caracter dependente poderán descontar dos seus ingresos as dietas de manuntención só  sen pernotan, así como as de locomoción máis peaxe e parking

3.-Ter en conta que existe a posibilidade de utilizar os gastos de representación para directivos e autónomos administradores ata un limite do 1% do valor neto de negocios.

4.-Os Traballadores contratados para centros móviles e itinerantes acollense tamén o réximen de dietas ainda que non exista desprazamento fora do municipio habitual de traballo pero si o de residencia

PAGO DE GASTOS DIRECTAMENTE POLA EMPRESA

Si a empresa contrata directamente co Titular do Alonxamento, do transporte público ou dos establecementos de hosteleria, deberá solicitar que a factura sexa a nome da empresa, que se indique quen foron os usuarios dese servizo,  datas que se fiso uso do servizo que deben correponderse con xornadas de traballo, para logo poder acreeditar a necesidade dese desprazamento e dos gastos que se lle compense. As facturas non se deducen o IVA, e vai como un gasto máis. Recomendable que sexan pagadas polo banco,ainda que non é obrigatorio.

APORTACIÓN A PLAN DE PENSIONS E AMORTIZACIONS DE PRESTAMOS DE VIVENDA

Antes do 31-12 pode ser que sexa do seu interés facer unha simulación da Renda do 2.017 para poder tomar algunha decisión que supoña un aforro de impostos. Pode ser que lle afecte amortizar máis o préstamo de vivenda habitual ou incrementar aportacións aos plans de pensións. Sí están nestes supostos poñanse en contacto con nós e estudiaremos o seu caso.

NOVO HORARIO ASESORIA BIEITO

Ca idea de prestar mellor servizo os clientes e o mesmo tempo que conquerir unha maior Conciliación familiar podemos estar dispoñibles nunha franxa horaria de 11 horas entre ás 8:00 e 19:00 horas, sempre e cando concertemos co responsable que queiramos que nos atenda. Sendo o horario habitual de apertura das oficinas:

De Luns a Xoves de 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 19:00

Venres de 8:00 a 15:00

Para unha mellor atención recoméndase concertar ca persoa que queiramos que nos atenda e sempre despois das 14:300 e así garantir a atención acaída.

OBRIGA DE PRESENTACION TELEMATICA POR PARTE DE TODAS AS ENTIDADES

Dende iste mes todalas entidades: Sociedades mercantís, civiles, comunidades, asociacións non poden presentar nada en papel ante AEAT e outras entidades, no caso de que se faga sancionarase cunha multa de 250 euros. Polo tanto deberase presentar toda a documentación telemáticamente.

O mesmo tempo tamén se van incluir na obriga de ter que recibir notificacións electrónicamente como xa están a recibir as sociedades mercantís. Para eso a AEAT vai ir comunicando individualmente os que quedan obrigados a facelo, e para o cal iremos facendo as xestións pertinentes.

En todo caso, si son entidades de calqueira tipo para calqueira xestión ca Administración poñanse en contacto con Nós e cando reciban alguna comunicación da Administración mandenola.

CAP – CERTIFICADO APTITUDE PROFESIONAL

É un certificado de aptitude profesional que se require con carácter obrigatorio ós condutores de transporte de viaxeiros dende o 11 de Setembro do 2008, e os condutores de mercadorías dende o 11 de Setembro do 2009, sen o cal non poden realizar a actividade profesional do transporte.

O certificado non ten prazo de caducidade pero a súa vixencia depende de que o titular realice, dentro dos prazos determinados na normativa, os cursos de formación continua que lle correspondan. Así cada cinco anos e durante toda a súa vida profesional, os condutores deben facer os cursos de formación continua ou renovación. As empresas poden bonificar nas cuotas da Seguridade Social estes cursos, tanto a cualificación inicial de 280 ou 140 horas + exame ou o de formación continua de 35 horas,  para que lle resulten de balde os seus traballadores.

De contar con algún traballador que teña que renovar o CAP mediante o curso de formación continua de 35 horas, facilitámoslle o contacto cun Centro Homologado para realizar esta formación, dentro de un horario compatible (unha tarde de venres, dous sábados e dous domingos) e con inicio de cursos tódolos meses.

NOVO PLAN DA INSPECCION DE TRABALLO NO 2016 SOBRE O REXISTRO DE XORNADA LABORAL

Dende o ano 2013 e tralo RD-ley 16/2013, de 20 de decembro, de medidas para favorecer a contratación estable e mellorar a empregabilidade dos traballadores inclúese no Estatuto dos Traballadores unha disposición que contempla o rexistro diario da xornada dos traballadores e a obriga empresarial de levar o cómputo das horas dos traballadores a tempo parcial.

O Plan de Control 2016 da Inspección de Traballo e Seguridade Social endureceu os controis e está incrementando a revisión dos aspectos que teñen que ver coa actividade da empresa, os seus empregados e o horario de funcionamento con especial atención os rexistros de xornada e cuadrantes de traballadores a tempo parcial.

Como principal novidade nestas actuacións da Inspección figura a vixilancia tamén no rexistro das xornadas dos traballadores a tempo completo que ata o momento non eran obrigatorias. Con isto a Inspección de Traballo pretende evitar o fraude na realización das horas extraordinarias e procurar a súa correcta vixilancia, retribución e cotización.

Polo que o ter contratados traballadores, por Lei debe levarse un rexistro do horario dos empregados con contratos a tempo parcial e completo e implantar sistemas de control para elaborar e xestionar o rexistro da xornada laboral.

CONDICIONS E CONSECUENCIAS DO INCUMPRIMENTO:

Si ben e certo que no contrato do empregado a tempo parcial e a tempo completo debe indicarse a distribución da xornada laboral, o empresario debe cumprir dúas cuestións adicionais:

  • Realización do cómputo diario no mes das horas ordinarias e das horas complementarias (no caso de tempos parciais) e extraordinarias (no caso tempos completos) entregando o traballador unha copia do resume xunto coa nómina todo los meses.
  • Conservar os rexistros de xornada no centro de traballo durante un período mínimo de catro anos.

NO CASO DE INCUMPRIMENTO DAS OBRIGAS:

Si por parte da inspección comprobase a falta no rexistro de xornada:

  • Si se trata dun contrato a tempo parcial, o traballador contratado a xornada parcial presúmese automaticamente a xornada completa.
  • Si o incumprimento debese a cuestión formais ou documentais contemplase unha multa de entre 60 e 625 euros por unha infracción considerada como leve según o artigo 6.6. da Lei de Infraccións e Sancións (LISOS).
  • Si se comproba o incumprimento de xornada, a multa sería a partir dos 625 euros ata 6.250 euros.

Así pois, resulta fundamental levar un rexistro de xornada polo que poñemos a súa disposición unha plantilla que se adxunta (non hai modelo oficial) e que tamén poden atopar na nosa paxina web www.bieito.com, para xestionar o control diario e posterior entrega o traballador de unha copia correctamente cuberta e asinada coa nómina mensual.

 

Descarga o Modelo

OS GALEGOS NON TERÁN QUE PAGAR COMO GANANCIA PATRIMONIAL POLAS HERDANZAS ENTRE VIVOS PROPIAS DOS PACTOS SUCESORIOS DE GALICIA

Tratase dunha sentencia da sala do contencioso do Tribunal Supremo desestimando un Recurso de Casación en interés de Lei presentado pola AEAT, basandose nun cliente de Asesoria Bieito s.l. que presentou ao Tribunal Economico-Administrativo e logo foi presentado polo despacho de Xoán Antón Pérez-Lema e   estimado polo Tribunal superior de Galicia. (máis…)

Si continúa utilizando esta web, acepta el uso de cookies. Más información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close