Todas as publicacións en Categoría

Informacion

Base Mínima de Cotización para determinados traballadores Autónomos

image_print

Recordámoslle que a base mínima de cotización aplicable os traballadores autónomos participes dunha sociedade mercantil na que exerzan funciones de dirección e xerencia, terá unha contía igual a prevista coma base mínima para os traballadores encadrados no grupo 1 de cotización no Réxime Xeral, que para o ano 2017, está fixada en 1.152,90 euros mensuais (artigo 15.12 da Orde de Cotización ESS/106/2017, de 9 de febreiro).

Recomendamos a aqueles Autónomos que aínda non están cotizando por esta Base, e para evitar que a Administración Social liquide as diferencias, proceder canto antes a Comunicar ou Regularizar o dereito de acollerse a Base de 1.152,90 euros ou bases superiores, no caso de que queiran verse beneficiados doutras prestacións que se poidan dar no futuro.

Suxerimos que contacten con nós para realizar esta xestión na contía que vostedes determinen.

Así mesmo recordámoslle que os traballadores autónomos que nalgún momento no ano 2016 e de modo simultáneo tiveran contratado o seu servicio un número de traballadores por conta allea igual ou superior a dez, teñen establecida como mínima tamén esta base.

SUBVENCIÓNS

image_print

SUBVENCIONS destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de garantía salarial.

Remata o prazo o 30/09/2017

 

PROGRAMA EMEGA: Financiación a fondo perdido para autónomas, SC, CB, ou empresas, que a participación no capital sexan mulleres.

Remata o prazo o 4/09/2017

En todo caso, si están interesados en algunhas destas subvecións  rogamos por favor que contacte con nós para poder estudar a súa aplicación.

OBRIGA DE PRESENTACION TELEMATICA POR PARTE DE TODAS AS ENTIDADES

image_print

Dende iste mes todalas entidades: Sociedades mercantís, civiles, comunidades, asociacións non poden presentar nada en papel ante AEAT e outras entidades, no caso de que se faga sancionarase cunha multa de 250 euros. Polo tanto deberase presentar toda a documentación telemáticamente.

O mesmo tempo tamén se van incluir na obriga de ter que recibir notificacións electrónicamente como xa están a recibir as sociedades mercantís. Para eso a AEAT vai ir comunicando individualmente os que quedan obrigados a facelo, e para o cal iremos facendo as xestións pertinentes.

En todo caso, si son entidades de calqueira tipo para calqueira xestión ca Administración poñanse en contacto con Nós e cando reciban alguna comunicación da Administración mandenola.

CAP – CERTIFICADO APTITUDE PROFESIONAL

image_print

É un certificado de aptitude profesional que se require con carácter obrigatorio ós condutores de transporte de viaxeiros dende o 11 de Setembro do 2008, e os condutores de mercadorías dende o 11 de Setembro do 2009, sen o cal non poden realizar a actividade profesional do transporte.

O certificado non ten prazo de caducidade pero a súa vixencia depende de que o titular realice, dentro dos prazos determinados na normativa, os cursos de formación continua que lle correspondan. Así cada cinco anos e durante toda a súa vida profesional, os condutores deben facer os cursos de formación continua ou renovación. As empresas poden bonificar nas cuotas da Seguridade Social estes cursos, tanto a cualificación inicial de 280 ou 140 horas + exame ou o de formación continua de 35 horas,  para que lle resulten de balde os seus traballadores.

De contar con algún traballador que teña que renovar o CAP mediante o curso de formación continua de 35 horas, facilitámoslle o contacto cun Centro Homologado para realizar esta formación, dentro de un horario compatible (unha tarde de venres, dous sábados e dous domingos) e con inicio de cursos tódolos meses.

OS GALEGOS NON TERÁN QUE PAGAR COMO GANANCIA PATRIMONIAL POLAS HERDANZAS ENTRE VIVOS PROPIAS DOS PACTOS SUCESORIOS DE GALICIA

image_print

Tratase dunha sentencia da sala do contencioso do Tribunal Supremo desestimando un Recurso de Casación en interés de Lei presentado pola AEAT, basandose nun cliente de Asesoria Bieito s.l. que presentou ao Tribunal Economico-Administrativo e logo foi presentado polo despacho de Xoán Antón Pérez-Lema e   estimado polo Tribunal superior de Galicia. (máis…)