Novas

Verifique as actualización de mercado

CIRCULAR DECEMBRO 2019

INVENTARIO E CUADRE CAS COMPRAS DO EXERCICIO:

Recordamos a obriga de facer durante o mes de decembro o inventario de mercancía, materias primas e obras ou servizos pendentes de facturar a prezo de custe. Istes deben de cadrarse cas compras e ventas do exercicio.

 

HORARIO DE COMERCIO 2019:

Recordamoslles que os días 1 / 8 /15 /22 e 29 de decembro do 2019   os establecementos comerciais poderán permanecer abertos.

 

FACTURAS 4º TRIMESTRE 2019:

Rogamos nos envien as facturas correspondentes ao mes de outubro e novembro para ir contabilizando, pois hai que revisa-los balances agora que se achega o final do exercicio. As sociedades deben remitir os extractos bancarios ata o día 30/11/19.

 

DECLARACIÓN MODELO 202:

O vindeiro dia 20/12/19 remata o prazo para presentar o  Pago a conta das sociedades modelo 202. Enviaremos o banco as declaracións das sociedades que estén obrigadas  o pagamento.

 

APORTACIÓN A PLAN DE PENSIONS E AMORTIZACIONS DE PRESTAMOS DE VIVENDA:

Antes do 31-12 pode ser que sexa do seu interés facer unha simulación da renda do 2.019 para poder tomar algunha decisión que supoña un aforro de impostos. Pode ser que lle afecte  amortizar mais o préstamo de vivenda habitual ou incrementar aportacións aos plans de pensións. Si están nestes supostos poñanse en contacto con nós e estudiaremos o seu caso.

 

PECHES CONTABLES DO 2019 E BALANCES TRIMESTRAIS:

Estamos a facer as previsións de peches diste ano. Si hai cambios importantes contactaremos con vostedes para informalos.

Enviamos balances correspondentes ao  terceiro  trimestre

do exercicio 2019.

 

Sen outro particular, aproveitamos para enviarlles un saúdo.

ASESORÍA BIEITO

Se continúas a utilizar esta web aceptas o uso de cookies Mais información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close