Novas

Verifique as actualización de mercado

Circular Maio 2019

DECLARACIÓN DA RENDA DO EXERCICIO 2018

Durante o mes de abril empezou a campaña da Renda do ano 2018, sobre todo, aqueles que reciban o borrador da AEAT, os contribuintes que teñen actividades económicas, empresariais ou profesionais e que sexan nosos clientes xa temos nós os datos. Si realizaron outro tipo de operación deben de ir recapitulando a documentación para enviarnola, xa que estas declaracións realizaranse durante os meses de maio e xuño do 2019.

ENVIO DE LIBROS AO REXISTRO MERCANTIL DAS SOCIEDADES

Durante o mes de abril envianse telemáticamente os libros das sociedades mercantís ao rexistro para cumprir coa obriga do seu dilixenciado.
Os libros son os das Contas Anuais, Actas e Socios, neste último caso, si houbo algunha variación ao longo do 2018. O rexistro cobra unas taxas según os libros que se presenten, éstas son aboadas por nós que logo pasamos na factura dos nosos servizos, especificando claramente que se trata destas taxas motivo polo que se ve incrementada a factura de abril, maio ou xuño, dependendo cando sexan cargadas polo rexistro, nós pasamolas no seguinte mes.

CONTAS ANUAIS 2018

En canto as Contas Anuais do 2018 deben de depositarse no rexistro no prazo dos 30 dias dende a aprobación en Xunta Xeral, que normalmente sempre se celebra sobre o 30 de xuño, e polo tanto terían que depositarse antes do 30 de xullo.
Esta xestión tamén vai traer a liquidación dunhas taxas que nos liquidamos e que posteriormente pasamos por factura nos meses seguintes.

OBRIGA DOS AUTÓNOMOS DE INCORPORARSE O SISTEMA RED
Orde Ministerial ESS/214/2018, de 1 de marzo que modifica a Orde ESS/484/2013, establece a obriga dos traballadores por conta propia ou autónomos de incorporarse dende o 01 de Outubro o sistema RED para realizar os trámites no ámbito da Seguridade Social por vía electrónica, incluída a recepción e firma das notificacións.
Para cumplir con esta obriga, pódese xestionar directamente a través da Sede Electrónica (SEDESS) ou mediante o Sistema RED, na que un autorizado actúa na túa representación. Para optar pola autorización da representación, rogamos contactar con nos o antes posible para iniciar os trámites mediante o Certificado Dixital.

OBRIGATORIEDADE DO REXISTRO DE XORNADAS LABORAIS

O RDL 8/2019 establece o rexistro de xornada diaria obrigatoria para tódalas empresas dende o 12 de maio do 2019, establecendo como infracción grave o incumprimento do mesmo.
Xúntase información mais detallada coas nóminas.

Se continúas a utilizar esta web aceptas o uso de cookies Mais información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close