Novas

Verifique as actualización de mercado

Circular Xuño 2019

DECLARACIÓN DA RENDA DO EXERCICIO 2.018.

Recordamoslles que continuamos coas declaracións do I.R.P.F. do exercicio 2018. Deben de remitirnos a documentación antes do día 15/06/2019 xa que o día 25/06/2019 remata o prazo para domiciliar aquelas declaracións que sexan a ingresar.

DIETAS E REXISTRO HORARIO

Para as empresas e autónomos que teñen traballadores asalariados, estamos enviando unha nota xunto cas nóminas con referencia as dietas e o Rexistro Horario que entrou en vigor o pasado 12 de maio.
Nel facemos recomendacións de como se deben de establecer as dietas e os requisitos para xustificalas, e tamén as obrigas con respecto o Rexistro Horario. A Inspección de traballo e a Seguridade Social está facendo seguimento destas cuestións, levantando actas de inspección e liquidando cuotas.

Polo tanto, recomendamos de novo que se esté atento a estas recomendacións e si se ten dúbidas se consulten.

XORNADA INTENSIVA DAS OFICINAS A PARTIR DO 17 DE XUÑO

A partir do luns dia 17 de xuño, iniciaremos a xornada intensiva de verán cun horario de 8:00 da mañá ata 15:00 H da tarde.

REALIZACION DE XUNTA XERAL A 30-06-2019.

Como se ven facendo durante istes anos a Xunta Xeral de aprobación de Contas do 2.018 e de proposta de reparto de resultados das sociedades mercantis celebrarase con carácter xeral o dia 30-06-2019, xa que esta data será a que se terá en conta para depositar as Contas Anuais no Rexistro mercantil no prazo de 30 días. Si vostedes queren celebrala con outra data fagannolo saber.

Desta Xunta Xeral ordinaria de aprobación de Contas se levanta Acta que a deben de asinar todolos asistentes, a sabendas de que os Administradores van asinar certificación de que a acta foi asinada para depositala no Rexistro mercantil. Os administradores deben de estar pendentes de que se cumpra esta formalidade

Se continúas a utilizar esta web aceptas o uso de cookies Mais información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close