En Febreiro de 2004, ante o crecemento notable da carteira de clientes, e as novas necesidades adquiríronse uns locais en propiedade na Rúa do Paseo, que seguen sendo as actuais e creouse un equipo de profesionais que se marcaron o obxectivo de prestar as empresas unha atención directa, personalizada e integrada.

En Decembro de 2009, logo de 20 anos atendendo os nosos clientes, fíxose unha reforma total das oficinas pretendendo dar mellor servizo aos nosos clientes, e consolidouse un equipo de dez profesionais estables que coñecen e atenden as necesidades dos nosos clientes, que son o activo máis importante que temos.
|