Empresa

Confianza, especialización e experiencia

Asesoría Bieito nace en 1989 como resposta a unha necesidade de asesoramento ás empresas e a externalización das súas xestións administrativas. A nosa experiencia e profesionalidade fixo que numerosas empresas e particulares depositaran a súa confianza para realizar os seus trámites administrativos con total garantía. Grazas a esta dilatada experiencia temos unha visión global das necesidades empresariais que fai que saibamos a situación e posición das empresas neste país.

O noso deber como asesoría é conseguir que os nosos clientes poidan dedicarse en exclusiva á súa actividade empresarial e profesional. Confiando en nós os servizos e funcións que unha empresa necesita contratar para desempeñar con efiicacia a súa actividade.. Estamos a falar da xestión contable-fiscal, os recursos humanos, as xestións ante as distintas administracións, as proteccións correspondentes e as lineas de axuda, financiación e promoción a actividade empresarial ou profesional que realizan..

Contamos cun equipo de mais de dez profesionais con ampla experiencia nas áreas de actuación que abarcan a xestión empresarial, con actuación en toda a provincia de Ourense e no resto de Galica, contando con oficinas en Ourense e Maceda.

Como factores que marcan a diferenza, destacamos o noso esforzo por especializarnos, a nosa experiencia, a garantía e solvencia da nosa empresa que nos dan xa máis de 25 anos.

 

Queremos facer fincapé nas nosas liñas de actuación, destacando:

  • O noso servizo é altamente axustado ás necesidades do noso cliente, sendo este un servizo único e exclusivo.
  • A nosa relación co cliente é intensa e fructífera, identificándonos totalmente coa súa actividade, posición e situación.
  • Facemos o noso traballo con paixón e entrega, intentando ofertarlle ao cliente todos os servizos que necesita.
  • Sentimos as empresas dos nosos clientes coma se fosen a nosa propia, compartimos problemas e buscamos a solución máis acaída.

Si continúa utilizando esta web, acepta el uso de cookies. Más información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close