Novas

Verifique as actualización de mercado

Información relativa á situación provocada polo Coronavirus

A Xunta Declarou Situación e o Plan de Emerxencia Sanitaria en Galicia entrand en vigor no dia de hoxe.

As medidas máis relevantes son:

✔Peche ao público de bares, restaurantes e cafeterías, aínda que poderán prestar servizos de envío a domicilio ou recollida no local mantendo sempre a distancia de seguridade. A permanencia no establecemento será só a estritamente necesaria.

✔O peche non afecta a bares nin restaurantes situados en establecementos hoteleiros nin aos comercios minoristas de alimentación e produtos de 1ª necesidade.

✔Nas grandes superficies permanecerán abertos ao público só os establecementos de alimentación e 1ª necesidade.

✔Péchanse discotecas, cines, teatros, establecementos de xogo, salas de concertos, auditorios, recintos feirais, establecementos de ocio e entretemento, centros de ocio infantil, pavillóns, recintos deportivos, ximnasios e piscinas.

✔Péchanse os albergues do Camiño de Santiago.

✔Restrición nos funerais: aforo máximo de 1/3 da capacidade e 25 persoas máximo para o acompañamento do cortexo fúnebre.
HOXE está previsto que se declare o Estado de Alarma.

Seguiremos informando das medidas aprobadas polo goberno e das medidas que poden tomar nos seus negocios como consecuencia destas medidas.

Se continúas a utilizar esta web aceptas o uso de cookies Mais información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close