O QUE SE DEBE DE SABER SOBRE A FISCALIDADE  DOS ALUGUERES


Existen dous tipos de alugueres en  Función do seu uso ou destino 1.- Vivendas
2.- Uso distinto a Vivenda: locais de negocio ou arrendamentos de Industria

 

OBRIGAS QUE SE DERIVAN O FACER E ASINAR O CONTRATO

Débese establecer unha fianza, en función do tipo de contrato 1.-Vivendas: unha mensualidade
2.-Locais: dúas mensualidades
Independentemente doutras garantías complementarias: máis fianza ou avales

 

OBRIGAS PARA O ARRENDADOR
.- A fianza ten que entregala o inquilino ao arrendador, e este ten que depositala no prazo máximo dun mes no IGVS. Se non se fai, pode ser  sancionado máis xuros. A Xunta incrementou os servizos de inspección que ata agora non se viñan facendo. A Xunta pode utilizar parte distes depósitos. “Si se quere regularizar a situación sería convinte refacer de novo o contrato”.
2º.– Si se trata de local ou Industria ten que repercutir o 21% de IVE e deixar que o inquilino lle reteña o 20% .
.- Facer as Declaracións trimestral de IVE (modelo 303) e Resumen anual .
.- Declarar no IRPF as rendas obtidas, descontando os gastos imputables ao  arrendador. Se as rendas son de vivenda teñen unha reducción do 60%.

 

OBRIGAS PARA O INQUILINO
1º.– A fianza ten que entregala ou aboala ao arrendador.
.-Si se trata de vivenda, está exenta de IVA pero está obrigado a Declarar o Imposto de Transmisións Patrimoniais Onerosas á Xunta de Galicia. Este vai en función da duración e da contía. Se a duración non se concreta, enténdese por 6 anos, salvo os de prorroga forzosa que son de 3 anos. Posteriormente pódense facer liquidacións adicionais.Exemplo de arrendamentos entre 3.846 e 7.692 a cuota a pagar é de 30,77 €.
.-Si se trata de local ou Industria ten que soportar o 21% de IVA e Aplicar Retención a Conta da BI do 20% .
.-Facer as declaracións Trimestrais de ingreso de Retencións e Resumen Anual (Mod. 115)