Novas

Verifique as actualización de mercado

Situación de Estado de Alarma polo Coronavirus

Publicado o Decreto de Estado de Alarma, vixente ata 30/03, destacamos o máis salientable para o seu negocio, as demáis cuestións pódense consultar no Decreto que tamén enviamos:

1.-As medidas de limitación a actividade comercial casi son iguais ás da Emerxencia Sanitaria Galega, que xa enviamos onte.

2.-Limitación da libertade de circulación de persoas (art. 7 do Decreto), xa difundidas nos medios.

3.-Suspensión de prazos procesais e administractivos de todas as Administracións públicas.

Anunciouse que no Consello do martes 17 aprobaranse medidas concretas e específicas de apoio e proteción de: traballadores, traballadores autónomos, empresas e familias. Tamén se aprobarán medidas de flexibilización dos mecanismos de axuste temporal (ERTEs) e para garantír liquidez nas actividades económicas e investigación para a vacuna.

Os que queiran propostas para aplicar o seu persoal temos que esperar os acordos do martes, entendemos que van ter efectos retroactivos. En todo caso estaremos en contacto con todos os que xa se interesaron por estas medidas.

Se continúas a utilizar esta web aceptas o uso de cookies Mais información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close