Todas as publicacións en Etiqueta

2019

Circular de Outubro 2019

ENVIO FACTURAS DO 3º TRIMESTRE DO 2019

Solicitamos nos  envíen as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao terceiro trimestre. No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 30/09/19 para poder axustar as contabilidades.

RECORDEN que o prazo para  presentar os impostos remata o día 15/10/2019 polo que deben enviarnos as facturas antes do día 08/10/2019.

 

PROGRAMA EMPRENDOU

Aquelas persoas  con idade entre 16 e 30 anos, que estean inscritos como desempregados e  inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, empadroadas e con actividade efectiva nun Concello Rural elixible, poderán beneficiarse dunha subvención de 675 euros ao mes(75% do SMI) entre 6 meses e un ano e terán que darse de alta da Actividade na AEAT e no RETA ou mutualidade.

O programa aínda está aberto.

 

SUBVENCIONS DE AUTÓNOMO DO 2020

A partir do un de outubro do ano 2019, xa se poden dar de alta aquelas persoas físicas que queiran acollerse as subvencións de autónomos da Consellería de Emprego, e que veñen dando subvencións entre 2.000 e 6.000 euros.

As subvencións sairán nos primeiros meses do 2020, pero poderán acollerse a elas os que se dan de alta dende o 1 de outubro do 2019.

 

RETOMAMOS O HORARIO

Recordamos que o horario da oficina é:

De luns á xoves de 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 18:00 horas.

Os venres de 8:00 a 15:00 horas.

Para garantir unha atención axeitada e ter unha resposta inmediata  deben de quedar ca súa responsábel  de laboral ou fiscal, especialmente a partir das 14:30H.

Con esta medida a dispoñibilidade horaria de luns a xoves amplíase, podendo ser atendido nunha ampla franxa horaria que vai dende as 8:00 H ata as 19:00 H, é dicir, de 11 horas sempre que se concerte.

 

Sen outro particular, aproveitamos para enviarlles un saúdo.

ASESORIA BIEITO, S.L.

Se continúas a utilizar esta web aceptas o uso de cookies Mais información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close