Todas as publicacións en Etiqueta

3t

Circular Novembro 2019

En Ourense a  29 de Outubro do 2019.

 

SEGUNDO PRAZO RENTA  2018

 

Recordamoslles que na data 05/11/2019 será cargado o segundo prazo da renda do exercicio 2018, daqueles que solicitaron fraccionamento do pago.

 

FACTURAS SIMPLIFICADAS(Tickets)

 

A AEAT está a facer unha campaña de control das empresas que están obrigadas a realizar Tickets(facturas simplificadas) para saber si os que se emiten e entregan os clientesson os que se declaran nos libros e nasa utoliquidacións.

Recordamos a obriga de manter estas facturas ou tickets durante os catro anos seguintes dende que se realiza a declaración do exercicio. A dia de hoxe están obrigados a manter as do exercicio 2015,2016,2017 e 2018.

 

PECHE CONTABLE 2019

 

Convén que vaian  facendo as estimacións das facturas pendentes de emitir e de recibir do presente ano para ir preparando o peche contable do exercicio 2019.

A AEAT cada vez está máis esixentenas contas e nas comprobacións e a inspección está a solicitar o INVENTARIO DE FIN DE ANO das actividades para logo intentar estudar e comprobar si cadran as contas.

Recordamos que deben de ser rigurosos na xestión da actividade e deben de coidar que todas as compras que realizan deben de sair como ventas ou estar no inventario de existencias. Esta fórmula é de importancia máxima para que poidan concordar todos os datos contables.

No caso das sociedades deben enviarnos os extractos bancarios ata o 31/10/2019 para poder axustar as contabilidades.

 

BAIXA DE TRIBUTOS DA XUNTA DE GALICIA PARA 2020

 

No proxecto dos orzamentos para 2020 está prevista unha rebaixade impostos que poden ser de interés para telos en conta:

  • A exención por herdeiro (pactos de mellora) pasa de 400.000 á 1.000.000 € sin vivenda habitual e entre familiares directos(pais, fillos e cónxuxes).
  • A vivenda habitual de segunda mán sita no rural pasa do 7% o 5% do valor.
  • Resto de vivendas de segunda man sitas no rural pasa do 10% o 6% do valor.
  • Ampliase de 4º a 7º xeneración dos beneficios fiscais daherdanza de empresas familiares.

 

ENVIO DE DOCUMENTOS

 

Enviamos informe laboral correspondenteao 3º T 2019.

 

Sen outro particular, aproveitamos para enviarlles un saúdo.

ASESORIA BIEITO,S.L.

Circular de Outubro 2019

ENVIO FACTURAS DO 3º TRIMESTRE DO 2019

Solicitamos nos  envíen as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao terceiro trimestre. No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 30/09/19 para poder axustar as contabilidades.

RECORDEN que o prazo para  presentar os impostos remata o día 15/10/2019 polo que deben enviarnos as facturas antes do día 08/10/2019.

 

PROGRAMA EMPRENDOU

Aquelas persoas  con idade entre 16 e 30 anos, que estean inscritos como desempregados e  inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, empadroadas e con actividade efectiva nun Concello Rural elixible, poderán beneficiarse dunha subvención de 675 euros ao mes(75% do SMI) entre 6 meses e un ano e terán que darse de alta da Actividade na AEAT e no RETA ou mutualidade.

O programa aínda está aberto.

 

SUBVENCIONS DE AUTÓNOMO DO 2020

A partir do un de outubro do ano 2019, xa se poden dar de alta aquelas persoas físicas que queiran acollerse as subvencións de autónomos da Consellería de Emprego, e que veñen dando subvencións entre 2.000 e 6.000 euros.

As subvencións sairán nos primeiros meses do 2020, pero poderán acollerse a elas os que se dan de alta dende o 1 de outubro do 2019.

 

RETOMAMOS O HORARIO

Recordamos que o horario da oficina é:

De luns á xoves de 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 18:00 horas.

Os venres de 8:00 a 15:00 horas.

Para garantir unha atención axeitada e ter unha resposta inmediata  deben de quedar ca súa responsábel  de laboral ou fiscal, especialmente a partir das 14:30H.

Con esta medida a dispoñibilidade horaria de luns a xoves amplíase, podendo ser atendido nunha ampla franxa horaria que vai dende as 8:00 H ata as 19:00 H, é dicir, de 11 horas sempre que se concerte.

 

Sen outro particular, aproveitamos para enviarlles un saúdo.

ASESORIA BIEITO, S.L.

Se continúas a utilizar esta web aceptas o uso de cookies Mais información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close