Todas as publicacións en Etiqueta

AEAT

image_pdfimage_print

Novo sistema de IVA revendedores de moviles, portátiles, tabletas e consolas

image_print

A partir do 1 de abril do 2015  entra en vigor un novo sistema de pago do iva dos establecementos revendedores de móviles, portátiles,tabletas e  consolas que básicamente consiste en que o iva non se paga ao proveedor e se declara cando se vende ao cliente. Debese presentar unha declaración Censal a AEAT comunicando ista actividade e acreeditalo ante o proveedor por medio de certificado.
(máis…)

INFORMACION COMPLEMENTARIA: NOVO SISTEMA DE IVA REVENDEDORES DE MOVILES,PORTATILES, TABLETAS E CONSOLAS

image_print

COMERCIANTES REVENDEDORES HABITUAIS

PRODUCTOS: Teléfonos móviles, consolas de videoxogos, ordenadores portátiles e tabletas dixitales.

EMPRESARIOS OS QUE SE LLE APLICA: Comerciantes ao por maior ou por menor, Persoa física ou Sociedade salvo que esté incluido no Réximen de IVA de Recargo de Equivalencia que fagan con habitualidade o comercio distes productos, ou para calqueira empresario que faga facturas distes productos que superen os 10.000 euros sin iva.

CAMBIOS QUE VAN SUPOR:

• NAS COMPRAS: Cando se compre, non se pagará o IVA o proveedor, e polo tanto non se adianta o iva.
• NAS VENTAS: Todo o IVA da venta do producto terase que declarar na LIQUIDACIÓN DE IVA.
• CONCLUSION: O cambio non supón pagar máis ou menos IVA, senón que o empresario antes pagabase a maior parte do IVA cando se compraba e outra cando se vendia, e agora pagase todo o iva cando se vende.

PROCEDEMENTO A SEGUIR

Comunicación Censal á AEAT da condición de revendedor , Modelo 036, Casilla 131 e a opción 513 de SI. Cando se de de alta da actividade, no mes de novembro de todos os anos e para o 2015, ata o 31 de marzo, que terá efectos a partir do 1 de abril.

Solicitar certificado, que terá validez durante un ano, onde se acreedite esta condición de reveendedor e acreeditarlle aos proveedores, podendo aportarse en formato pdf ou ou enviar código de verificación Seguro reseñando na sinatura electrónica da AT.
Polo tanto debe de estar pendente de todos os anos da súa renovación

CONSECUENCIAS FORMAIS
Os emisores de facturas acollidas a iste suposto terán que facer mención desta circunstancia na factura, como sempre se debe de facer, especificando:
“ Operación acollida ao articulo 84. Un . 2º g da Lei de IVA”.
Estas facturas deberán deberán numerarse cunha serie específica.

NORMATIVA APLICABLE
Lei de IVA, articulo 84. Un. 2º.g) Novo suposto de Inversión do Suxeito pasivo de iva.
Regulamento do IVA, DD 1073/2014, art. Quater.5 e 24 quinquies

Devolución de sancións, recargos e intereses das declaracións de pensións do extranxeiro

image_print

Na Reforma Fiscal que ten previsto aprobar o goberno para o 2015 prevese a posibilidade de que se devolvan as sancións, recargos e intereses que pagaron todos aqueles que presentaron declaracións da renta por pensións recibidas do extranxeiro, e esto poderá facerse con efecto retroactivo dende o ano 2008.

No proxecto de reforma fiscal establecese un plazo de 6 meses para realizar estas devolucións, non sabendo ainda se terá que solicitarse polo interesado ou se se fara de oficio pola administración tributaria.

Polo tanto haberá que esperar a aprobacion definitiva da Reforma Fiscal e a sua entrada en vigor para proceder a xestionar estas devolucións.

Asesoria Bieito S.L. informará e comunicará ós clientes que realizaron as declaracións nas nosas oficinas e informará de cal é o procedemento a seguir e o plazo aprobado

DECLARACIÓNS 2º TRIMESTRE 2014

image_print

FOLIOS

Deben remitirnos as facturas para realizar as declaracións do segundo trimestre do 2014 e no caso das sociedades deben remitirnos tamén os extractos bancarios ata o 30/06/2014.

Recordámoslles que as declaracións se envían a través de internet a A.E.A.T., polo que se reduce o prazo para a presentación dos trimestres, pasando  do día 20 de cada trimestre ao día 15,  polo tanto deben remitir a documentación o antes posible pois do contrario as declaracións poderán ir presentadas fora de prazo.

DECLARACIÓNS DE SOCIEDADES E DEPÓSITOS CONTAS 2013

image_print

AEATDurante o mes de xullo depositaranse as Contas Anuais do 2013 no Rexistro mercantil, estas terán que ser asinadas polos Administradaroes e pagarase unha tasa en torno aos 38 euros, máis baixa que outros anos, que pasaremos ao cobro na factura do mes de agosto. O mesmo tempo ata o 26 de xullo haberá que declarar e ingresar o imposto de sociedades na cuantía que xa lle informamos no seu día e no caso de que lle resultara a pagar.

 

Unidade de inspeccion especial da AEAT

image_print

A AEAT puxo en marcha unha unidade especial de Inspección e control das empresas, podendo personarse nestas, entrando nos domicilios sociais, solicitando información e documentanción e incluo intentando outelas eles directamente dos soportes informáticos dos ordenadores da empresa. Polo tanto, debese ter a información ordenada e axeitada nos equipos informáticos das empresas e evitar que nestes haxa información persoal ou outro tipo de información que pode ser requisada pola AEAT. Iste procedemento está regulado e poden levalo acabo sempre e cando actuen axeitadamente.