Todas as publicacións en Etiqueta

Contabilidade

DECLARACIÓNS 2º TRIMESTRE 2014

FOLIOS

Deben remitirnos as facturas para realizar as declaracións do segundo trimestre do 2014 e no caso das sociedades deben remitirnos tamén os extractos bancarios ata o 30/06/2014.

Recordámoslles que as declaracións se envían a través de internet a A.E.A.T., polo que se reduce o prazo para a presentación dos trimestres, pasando  do día 20 de cada trimestre ao día 15,  polo tanto deben remitir a documentación o antes posible pois do contrario as declaracións poderán ir presentadas fora de prazo.

DECLARACIÓNS DE SOCIEDADES E DEPÓSITOS CONTAS 2013

AEATDurante o mes de xullo depositaranse as Contas Anuais do 2013 no Rexistro mercantil, estas terán que ser asinadas polos Administradaroes e pagarase unha tasa en torno aos 38 euros, máis baixa que outros anos, que pasaremos ao cobro na factura do mes de agosto. O mesmo tempo ata o 26 de xullo haberá que declarar e ingresar o imposto de sociedades na cuantía que xa lle informamos no seu día e no caso de que lle resultara a pagar.

 

Continuamos co peche contable do 2013

Continuamos cos peches das contabilidades do exercicio 2.013 cos datos que fomos informando durante o presente mes.
As sociedades deberán traer os extractos bancarios ata o 31/12/13 para o peche do exercicio, así como o inventario de existencias e obras en execución.

Peche contable do 2013

A partir do mes de febreiro procederase ao peche das contabilidades do exercicio 2.013 cos datos que fomos informando durante o presente mes.
As sociedades deberán traer os extractos bancarios ata o 31/12/13 para o peche do exercicio, así como o inventario de existencias e obras en execución.

Si continúa utilizando esta web, acepta el uso de cookies. Más información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close