1

APORTACIÓN A PLAN DE PENSIONS E AMORTIZACIONS DE PRESTAMOS DE VIVENDA

Antes do 31-12 pode ser que sexa do seu interés facer unha simulación da Renda do 2.017 para poder tomar algunha decisión que supoña un aforro de impostos. Pode ser que lle afecte amortizar máis o préstamo de vivenda habitual ou incrementar aportacións aos plans de pensións. Sí están nestes supostos poñanse en contacto con nós e estudiaremos o seu caso.




Devolución de sancións, recargos e intereses das declaracións de pensións do extranxeiro

Na Reforma Fiscal que ten previsto aprobar o goberno para o 2015 prevese a posibilidade de que se devolvan as sancións, recargos e intereses que pagaron todos aqueles que presentaron declaracións da renta por pensións recibidas do extranxeiro, e esto poderá facerse con efecto retroactivo dende o ano 2008.

No proxecto de reforma fiscal establecese un plazo de 6 meses para realizar estas devolucións, non sabendo ainda se terá que solicitarse polo interesado ou se se fara de oficio pola administración tributaria.

Polo tanto haberá que esperar a aprobacion definitiva da Reforma Fiscal e a sua entrada en vigor para proceder a xestionar estas devolucións.

Asesoria Bieito S.L. informará e comunicará ós clientes que realizaron as declaracións nas nosas oficinas e informará de cal é o procedemento a seguir e o plazo aprobado




Declaracion de iva, pago fraccionado, retencions de traballo e de alugueres e pago a conta do imposto de sociedades.

Durante o mes de abril realizaranse as declaracións correspondentes ao primeiro trimestre do exercicio 2014.

Para poder realizar estas declaracións en tempo e con garantias é preciso que nos remitan os documentos, facturas e xustificantes necesarios para a contabilidade o antes posibel. É necesario que antes do dia 10 de abril teñamos no noso poder os documentos xa que, en caso contrario, non podemos garantir a realización das referidas declaracións en prazo, RECORDEN que agora, só temos ata o día 15 para facer os envios telemáticos das declaracións a Axencia Tributaria.

IMPORTANTE!!!!! Dende a Asesoria si non presentamos as declaracions telematicamente e domiciliadas non podemos presentalas no banco directamente, teñen que ser os autorizados ou titulares quen as presente.
Polo tanto, si non nos traen os documentos antes do dia 10 poden que se vexan obrigados a ter que vir vostedes a buscalas as nosas oficinas e presentalas no seu banco




RECORDATORIO: Declaracion de bens e dereitos no estranxeiro

Durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo do 2.014 hai que declarar os bens, contas bancarias, seguros, productos financieiros e demáis dereitos que estén no estranxeiro e que superen os 50.000 euros de valor, ou os cambios que supuxo con respecto ao ano pasado si variarón 20.000 euros.

No caso de que non se faga esta declaración terá uns efectos fiscais “confiscatorios”, e decir que as sancións poden ser tan grandes que se quedan coa totalidade dos valores e dereitos. Cando istes bens ou dereitos sexan detectados haberá que tributar por eles todos nun ano, xa que non prescriben nunca, e suporá unha forte tributación, ademáis das sancións que poidan aplicar.

Polo tanto, si teñen bens ou dereitos no estranxeiro non deixen de comunicarnolo e preguntar polas obrigas que teñen que cumprir.




Declaracion de bens e dereitos no estranxeiro

Durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo do 2.013 hai que declarar os bens, contas bancarias, seguros, productos financieiros e demáis dereitos que estén no estranxeiro e que superen os 50.000 euros de valor, ou que variaran en 20.000 con respecto ao ano pasado.