1

10-01-2022 FACTURAS E INVENTARIO

Deben de enviarnos cantos antes as facturas e documentos que ainda non nos enviaran do 4º Trimestre do 2021 para facer as declaracións. Asi como os extractos bancarios e a obrigación de facer un *INVENTARIO* a 31-12 das Existencias que a AEAT pode esixir en calqueira momento. Recordámoslles que no 2021 xa enviaramos circular para informar do interés e obrigación de ter feita a contabilización de xeito inmediato.

Tamén queremos recordar que seguimos ca pandémia, o que supón que deben de contactar con Nós cando sexa necesario algunha cita presencial (xa que moitos de Nós están teletraballando), intentando sustituilas por chamadas, videoconferencia, e os envios de documentos polos sistemas que temos establecidos, evitando contactos físicos que non sexan necesarios. GRAZAS!




Realización de inventario por parte das empresas

Como xa é coñecido, con efectos do 31 de decembro, as empresas deben de realizar un INVENTARIO das existencias a prezo de coste que teñan no seu almacén e do valor das obras e servicios que teñan realizadas e que están pendentes de facturación. Estes inventarios deben de remiti-los as nosas oficinas durante o mes de xaneiro, quedando a vosa disposición para calqueira aclaración.